Fabiola García reúnese coa Asociación Mirada Mulleres+60 para abordar retos comúns
Estas imágenes pertenecen a xunta.gal
Santiago de Compostela, 29 de maio de 2024
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, reuniuse esta mañá no Pazo do Hórreo con representantes da Asociación Mirada Mulleres+60. Entre elas, a presidenta da entidade, María Antonia Rilo.
Fabiola García abordou con elas diferentes retos comúns, como o idadismo, a soidade non desexada, a brecha dixital entre os maiores ou a violencia de xénero. A consellería de Política Social e Igualdade traballa en todos estes ámbitos a través de diferentes iniciativas, con programas de envellecemento activo e medidas para promover a igualdade.