A Xunta inviste máis de 140.000 euros en mellorar a conectividade do rural da Estrada co núcleo urbano

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Os 140.000 euros de investimento autonómico permitiron asfaltar unha estrada que pasa polos lugares de Sorribas, O Tallo, Vinseiro e Vis de Baixetes
  • O Plan Marco 2023-2024 deixou na comarca do Deza-Tabeirós máis de 600.000 euros dos 3,2 millóns que foron investidos no total da provincia de Pontevedra

A Estrada, 29 de maio de 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o concello da Estrada onde se realizaron unhas obras de mellora do acceso ao núcleo do concello, grazas ao financiamento do Plan Marco 2023-2024 da Consellería do Medio Rural.

Esta obra foi posible grazas a un investimento de máis de 140.000 euros, que permitiu asfaltar unha estrada que pasa polos lugares de Sorribas, O Tallo, Vinseiro e Vis de Baixetes. Desta forma facilítase o contacto e a comunicación entre a parte máis rural do concello co seu núcleo, á vez que se mellora a seguridade viaria da zona.

Acompañado polo alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, o delegado territorial quixo poñer en valor a importancia deste tipo de obras que permiten "ter un concello máis unido, máis próspero e máis seguro" e asegurou que o Plan Marco é unha proba máis do "compromiso da Xunta cos concellos, e moi especialmente co desenvolvemento, inclusión e accesibilidade das zonas máis rurais".

Cabe destacar que o Plan Marco 2023-2024 da Consellería do Medio Rural deixou na comarca do Deza-Tabeirós un total de máis de 600.000 euros repartidos por sete concellos. Na provincia de Pontevedra, o total desta liña de axudas alcanza os 3,2 millóns de euros.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
229001 {"title":"A Xunta inviste máis de 140.000 euros en mellorar a conectividade do rural da Estrada co núcleo urbano","published_date":"2024-05-29","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/882432\/1AESTRADA.jpeg","id":"229001"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-29/229001-xunta-inviste-mais-140-000-euros-mellorar-conectividade-do-rural-da-estrada-co-nucleo-urbano https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.