A directora xeral de patrimonio cultural pon en valor o Camiño de Santiago nun congreso celebrado en Zaragoza
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Mª del Carmen Martínez participa nunha xornada organizada polo Goberno de Aragón na que estivo acompañada polos seus homólogos de Castela e León, A Rioxa e Navarra
Zaragoza, 29 de maio de 2024
A directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez, participou hoxe en Zaragoza na xornada Patrimonio Cultural Aragonés. El valor de nuestras raíces, á que foi convidado o Goberno galego xunto co de Castela e León, A Rioxa e Navarra para tomar parte nunha mesa redonda. Os responsables de patrimonio das tres Comunidades, xunto coa anfitrioa, puxeron en común cuestións relacionadas co Camiño de Santiago.
Neste senso, a directora xeral de Patrimonio Cultural destacou a importancia de que se fale de Galicia e cause interese neste tipo de foros en calquera parte do Estado. Así, dixo, "reafirmase o seu papel na historia e na cultura máis alá das súas fronteiras, cun Camiño de Santiago que supón unha manifestación tan singular do patrimonio cultural tanto material como inmaterial, dando valor a un conxunto de territorios".
A programación da xornada xira ao redor da visibilización do patrimonio cultural e as súas posibilidades, dando boa conta da relevancia da Ruta Xacobea, nas súas distintas variantes, como un elemento fundamental dese patrimonio.