A Xunta salienta o apoio á creación de novas cooperativas coa Rede de polos de emprendemento

  • O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na clausura da presentación da iniciativa EspazoCoop Emprende que pon en marcha a Unión de Cooperativas Galegas para promover esta fórmula empresarial en Galicia
  • Puxo en valor a Estratexia de Economía Social con horizonte ata 2027 coa que o Goberno galego aspira a xerar 4.000 empregos e posicionar este modelo nos sectores tecnolóxico, verde e industrial
  • O Goberno galego está a traballar no deseño da nova Lei de cooperativas para adaptala aos novos tempos contando coas achegas do sector
  • O orzamento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destinado á economía social en 2024 creceu nun 3%, chegando ata os 43,6 millóns de euros

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2024

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe en Santiago de Compostela na clausura da presentación de EspazoCoop Emprende, unha nova iniciativa que pon en marcha Unión de Cooperativas Galegas (EspazoCoop) -tras recibir unha axuda da Unión Europea (UE) a través do Fondo Social Europeo+ no período 2023-2029 - e que vai en liña coa política da Xunta no eido da economía social.

O impulso do emprendemento no eido do cooperativismo é clave para o Goberno galego e, por iso, Fernández explicou que a través da Rede autonómica de emprendemento estase a ofrecer asesoramento a este tipo de proxectos e pertencente a calquera outra fórmula empresarial na fase na que se atope, de principio a fin. 

Na súa intervención, Fernández puxo en valor a aposta da Xunta pola economía social e, en particular, polo cooperativismo, unha fórmula empresarial de éxito en Galicia e que continúa a medrar: no último ano creáronse un total de 130 novas cooperativas, o que supón un crecemento do 7,69% con respecto a 2022.

Fernández fixo referencia á nova Lei de cooperativas, que está a deseñar o Goberno galego para adaptala aos novos tempos. Trátase de adaptar o actual marco regulador, que data de 1998, ao novo contexto socioeconómico, e de dar o impulso definitivo a este modelo.

A Xunta ten, ademais, en execución na actualidade a 2ª Estratexia da economía social, coa que aspira a xerar 4.000 empregos e a posicionar este modelo nos sectores tecnolóxico, verde e industrial. Esta planificación con horizonte 2027 conta cun orzamento de máis de 174 millóns, para  xerar máis economía social, atraendo talento, mellorando a competitividade e o crecemento en sectores emerxentes. Ata esa data a Administración autonómica espera o nacemento de 400 novas entidades e que a mocidade e as mulleres teñan maior presenza na economía social.

Con respecto ao punto de vista orzamentario, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración traballa para reforzar a economía social en Galicia cun investimento para este 2024 que aumentou nun 3% con respecto a 2023, polo que supera os 43,6 millóns de euros. O presupuesto artéllase en tres grandes eixes de actuación: a difusión da economía social, a creación e consolidación de iniciativas e a promoción do emprego inclusivo.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
228935 {"title":"A Xunta salienta o apoio á creación de novas cooperativas coa Rede de polos de emprendemento","published_date":"2024-05-29","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"228935"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-29/228935-xunta-salienta-apoio-creacion-novas-cooperativas-coa-rede-polos-emprendemento https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.