A Xunta destaca a resposta rápida e urxente ao peche de Peinador cun transporte público por estrada alternativo ata o aeroporto de Santiago con 500 prazas diarias e 5 autobuses por sentido

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, lembrou hoxe no Pleno do Parlamento que o Goberno galego activou esta medida inmediata para garantir o servizo os viaxeiros afectados polo peche do aeródromo vigués durante as obras e ante a falta de opcións por parte de Aena
  • Destacou que a resposta demostra o dinamismo do Plan de Transporte Público de Galicia
Santiago de Compostela, 29 de maio de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, destacou hoxe no Pleno do Parlamento galego que a Xunta ofreceu unha solución "inmediata, rápida e urxente" adaptada ás demandas das persoas viaxeiras afectadas polas obras na pista de aterraxe na terminal viguesa para o seu traslado ao aeroporto de Santiago.

Así, incidiu en que pese a tratarse dunha competencia de Aena, e ante a falta de opcións por parte desta empresa pública estatal, a Xunta activou o pasado 8 de maio o servizo con tres autobuses por sentido entre a estación intermodal de Vigo e o aeroporto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, que a semana pasada se elevaron ata cinco de acordo coas necesidades das persoas usuarias.

Polo tanto, actualmente, tal e como explicou o conselleiro de Presidencia,  as persoas que realizan este itinerario teñen á súa disposición 500 prazas diarias en 5 autobuses por sentido. Trátase ademais dunha oferta ampla de prazas e horarios cunha franxa que abarca desde as 04,30 e as 19,30 horas desde Vigo e entre as 08,55 e as 22,00 horas desde a terminal compostelá. A información relativa aos servizos esta dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

Diego Calvo lembrou que, malia que xa as obras estaban planificadas desde hai meses e, polo tanto, era previsible a paralización da actividade da terminal durante polo menos un mes, o Executivo central non buscou unha alternativa de mobilidade por tren para a conexión dos viaxeiros coa cidade de Vigo. Sinalou que se calcula que mentres duran os traballos os voos afectados serían uns 600 con entre 60.000 e 100.000 pasaxeiros.

Na súa intervención, o conselleiro resaltou que a Xunta neste asunto estivo "á altura das circunstancias", pese a non ser unha competencia do Goberno galego, e acreditou a súa vontade de facer do seu transporte público a principal alternativa de mobilidade da cidadanía galega. En concreto, demostrouse -engadiu- "a capacidade de adaptación e de artellar solucións do servizo de autobús interurbano da Xunta", neste caso para ofrecer un bo servizo público aos cidadáns, ao facilitar o traslado ao aeroporto de Santiago os viaxeiros prexudicados polas obras de terminal viguesa.

Diego Calvo respondeu a outra pregunta sobre a solicitude da Comisión Mixta de Transferencias por parte da Xunta e lembrou que o Goberno galego a reclamou para abordar o traspaso efectivo de funcións e servizos en materia de ordenación e xestión do litoral.

Cómpre lembrar que o Tribunal Constitucional desestimou a maioría das impugnacións incluídas no recurso de inconstitucionalidade presentado polo Goberno central, o que referenda o traballo levado  a cabo polo Goberno galego e ratifica as competencias da comunidade para xestionar o litoral.

Tamén sinalou que o Goberno galego leva reclamando desde 2009 a transferencia da
AP-9 a Galicia, unha solicitude amparada precisamente polo Parlamento de Galicia, e incide na titularidade da autoestrada e que veña acompañada tanto dos recursos necesarios para a súa correcta explotación como dos investimentos precisos para levar a cabo as obras pendentes.  

Ademais, no Pleno de hoxe Diego Calvo abordou outra cuestión relacionada co índice de criminalidade na comunidade e defendeu que Galicia é "un destino seguro" e que a Xunta traballa para que a cidadanía galega "estea e se sinta segura". Nesta liña, instou ao Goberno central a cubrir as prazas das distintas forzas e corpos de seguridade que traballan na comunidade. No caso concreto da Policía Autonómica, lembrou que o último concurso convocado polo Ministerio do Interior é de 2013 e actualmente, pese ao incremento continuo de competencias, o cadro de persoal desta unidade atópase case ao 70% con 349 efectivos cando segundo o catálogo de persoal lle corresponderían 500 a Galicia.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 29/05/2024
228930 {"title":"A Xunta destaca a resposta rápida e urxente ao peche de Peinador cun transporte público por estrada alternativo ata o aeroporto de Santiago con 500 prazas diarias e 5 autobuses por sentido","published_date":"2024-05-29","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets_v2\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia.png","id":"228930"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-29/228930-xunta-destaca-resposta-rapida-e-urxente-ao-peche-peinador-cun-transporte-publico-estrada-alternativo-ata-aeroporto-santiago-500-prazas-diarias-e-5-autobuses-sentido https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.