A Xunta organiza un campo de voluntariado internacional nas Illas Cíes para un cento de mozos

  • Lara Meneses salienta os valores de respecto ao patrimonio natural que se lle fomenta á mocidade a través da oferta da Campaña de Verán de Xuventude
  • A rapazada voluntaria colaborará en tarefas de carácter ambiental, que compaxinará con actividades de lecer e tempo libre
  • O programa de verán deste ano oferta 695 prazas en 44 campos de voluntariado repartidos por toda Galicia

Vigo, 29 de maio de 2024

A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, visitou hoxe as Illas Cíes onde un cento de mozos e mozas participarán este verán nunha nova edición do campo de voluntariado internacional que promove o Goberno galego neste espazo. Trátase dunha das actividades incluídas na campaña da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude que, baixo o lema O teu mellor verán,  oferta máis de 11.500 prazas en actividades de lecer.

Tal e como explicou a directora xeral, o emprazamento das Illas Cíes acollerá durante os meses de xullo e agosto cinco quendas desta actividade que se levará a cabo nas instalacións da zona norte da illa de Monteagudo. Nestes meses, un cento de mozos do estranxeiro e outras comunidades autónomas participarán xunto con rapazada galega nun campamento de carácter ambiental.

Na visita, a representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude puxo en valor os "valores de respecto, conservación e protección do patrimonio natural" que supoñen este tipo de propostas dentro da oferta da Xunta de Galicia, xa que os voluntarios e voluntarias, con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos, realizarán tarefas de carácter medioambiental que serán compaxinadas con actividades de lecer e deportivas.

44 campos de voluntariado da Xunta por toda Galicia

En total, a campaña deste ano de Xuventude para os meses de verán oferta 695 prazas nos 44 campos de voluntariado, dos cales corresponden 14 á provincia de Pontevedra: Gándaras de Budiño (O Porriño), Aldea Alfacuca (Mos), O Camiño Portugués pola costa (Oia), Tradición en verde (Lalín), Salvemos o mar (Vilanova de Arousa), Rural influencers (Cerdedo-Cotobade), A terra que habita no mar (O Grove), Costa azul (Poio), ReseTea Ponteareas (Ponteareas) e as cinco quendas en Cíes.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
228699 {"title":"A Xunta organiza un campo de voluntariado internacional nas Illas Cíes para un cento de mozos","published_date":"2024-05-29","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"228699"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-29/228699-xunta-organiza-campo-voluntariado-internacional-nas-illas-cies-cento-mozos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.