Fabiola García recoñece o traballo de Alecrín, a Asociación de Mulleres Rurais da Comarca de Melide
Estas imágenes pertenecen a xunta.gal
Santiago de Compostela, 28 de maio de 2024
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse esta mañá coa fundadora e presidenta da Asociación de Mulleres Rurais da Comarca de Melide Alecrín, Aurora Fernández Blanco.
No encontro, a conselleira abriuse a explorar liñas de colaboración entre a Xunta e a entidade. Tamén aproveitou para recoñecer o importante traballo que está a realizar Alecrín na Terra de Melide para activar o asociacionismo entre as mulleres rurais desa zona a través de numerosas iniciativas e actividades.