A Xunta apoia a Festa do motor 4x4 comarca de Sarria, que se celebrará este sábado
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Sarria (Lugo), 27 de maio de 2024
A Xunta de Galicia apoia a primeira Festa do Motor 4x4 Comarca de Sarria, que organiza o club "Os Carro x Catro" este sábado, 1 de xuño, no polígono de Morelle da citada localidade.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destacou hoxe na presentación o labor dos organizadores, que "logo do éxito acadado coa ruta celebrada en novembro, innovan cunha festa que aspira a ter continuidade no calendario e que se centra nun dos aspectos máis valorados polo público, as probas de habilidade nun circuíto acondicionado para a ocasión".
Á cita acudirán uns 100 participantes chegados dende diferentes puntos de todo Galicia, Asturias, e Castela e León, con vehículos todoterreo, quads, motos e buggies. O programa abrirase cunha exhibición para mozos e cativos, ás 09.30. Ás 10.45 horas comezarán as probas de habilidade para motos e quads, e ás 15.30 horas as de buggies e todoterreos.