A Xunta destaca como prioridade o benestar emocional e a educación en igualdade para impulsar o futuro das nenas e mozas

A Coruña, 25 de maio de 2024

A directora xeral de Igualdade, María Quintiana, destacou esta mañá o benestar emocional e a educación en igualdade como eixos claves para impulsar o futuro das nenas e mozas. Fíxoo durante a súa intervención na presentación do III Congreso 'A saúde das nenas e mozas' organizado pola asociación La Ciencia es Femenino en colaboración con UNICEF Galicia.

No marco do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de España (Muncyt), situado na Coruña, María Quintiana incidiu na aposta pola Xunta pola igualdade real e chamou á necesidade de que as nenas e adolescentes poidan vivir, educarse, coidarse e curarse en espazos seguros que estean asentados baixo a prisma da perspectiva de xénero.

Neste sentido, fixo fincapé nos avances que supuxo a nova Lei de Igualdade de Galicia, na que se fixan accións en eidos tan prioritarios como a saúde, a ciencia, a educación e no mundo dixital para lograr a igualdade.

A directora xeral puxo en valor o traballo desenvolto a través da Unidade Muller e Ciencia de Galicia e co III Programa Muller e Ciencia 2022-2025 para potenciar a presenza das nenas e mulleres no eido da investigación e da tecnoloxía e avanzar cara un modelo de sociedade máis xusta. Ademais, no ámbito concreto da saúde, lembrou a importancia de que se teña incorporado a perspectiva de xénero na Estratexia Galega de Saúde e nos estudos dos tres institutos de investigación sanitaria de Galicia, coa que se promove a equidade na atención médica.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
220761 {"title":"A Xunta destaca como prioridade o benestar emocional e a educación en igualdade para impulsar o futuro das nenas e mozas","published_date":"2024-05-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"220761"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-25/220761-xunta-destaca-como-prioridade-benestar-emocional-e-educacion-igualdade-impulsar-futuro-das-nenas-e-mozas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.