Un total de 13 adegas, un restaurante e dous aloxamentos participan na nova edición da 'Primavera de Portas Abertas' da ruta Ribeira Sacra
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Durante esta fin de semana, os visitantes poderán realizar, entre outras actividades, unha experiencia enolóxica coa que crearán os seus propios viños
Santiago de Compostela (A Coruña), 25 de maio de 2024
A Ruta do Viño Ribeira Sacra será a protagonista esta fin de semana da Primavera de portas abertas, o programa impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración coas cinco entidades impulsoras das rutas vitivinícolas nos distintos territorios produtores dos caldos máis representativos da Comunidade galega.
A programación ao completo da Primavera de portas abertas da Ruta do Viño Ribeira Sacra pode consultarse na web de Turismo de Galicia. Turismo de Galicia deseñou unha variada proposta encamiñada a poñer en valor a cultura vitivinícola da zona onde a paisaxe e o territorio se caracterizan pola distribución dos viñedos en terrazas ou bancais para salvar a pendente do terreo, o que converteu a Ribeira Sacra nun referente da viticultura heroica.
En concreto, participan nesta nova edición da Primavera de portas abertas da Ruta do Viño Ribeira Sacra un total de 13 adegas, un restaurante e dous aloxamentos. O programa inclúe visitas guiadas por espazos museísticos, rutas a pé por vilas e contornos naturais ilustradas con lecturas de textos literarios inspirados nas paisaxes deste territorio, unha experiencia enolóxica coa que os visitantes poderán crear os seus propios viños, rutas en lancha e incluso un paseo en barca eléctrica respectando a harmonía paisaxística do contorno.
Esta é a cuarta fin de semana do programa, que comezou na denominación de orixe de Valdeorras. A Primavera de portas abertas rematará do 31 de maio ao 2 de xuño coa Ruta do Viño Monterrei.
En total, esta nova edición de Primavera de portas abertas conta con máis de 60 actividades e 100 establecementos participantes. Entre as novidades deste ano, ampliouse o Bus do Viño ao incorporar a cidade de Ferrol entre as saídas, que se suma A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago de Compostela e Ponferrada.