A Xunta destaca os coidados especializados que reciben os maiores no Centro de Día Público das Neves, que celebra o seu aniversario

Imagen del artículo A Xunta destaca os coidados especializados que reciben os maiores no Centro de Día Público das Neves, que celebra o seu aniversario

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Asinarase un convenio co Concello para realizar obras de mellora neste servizo de atención diúrna ao que acoden unha vintena de usuarios

As Neves (Pontevedra), 24 de maio de 2024

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, asistiu hoxe á celebración do dezaseis anos de actividade do centro de día, pertencente á rede pública autonómica. Perfecto Rodríguez aproveitou a conmemoración para conversar con profesionais, usuarios e familiares deste servizo no que reciben atención especializada unha vintena de persoas maiores tanto de As Neves como doutros concellos da zona.

O xerente do Consorcio, que estivo acompañado do alcalde do concello, José Manuel Alfonso González, anunciou que a Xunta asinará un convenio de colaboración co concello para realizar obras de mellora en espazos interiores do centro. O orzamento que se destinarán a estes traballos será de 25.000 euros e "o obxectivo é que o persoal e os maiores que acoden diariamente a este servizo dispoñan dunhas instalacións cómodas, funcionais e accesibles", sinalou.

Con motivo da celebración da efeméride do centro, desenvolveuse un programa de actividades que incluíu a inauguración dunha exposición con traballos feitos polos usuarios, unha actuación musical e a entrega de agasallos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
218962 {"title":"A Xunta destaca os coidados especializados que reciben os maiores no Centro de Día Público das Neves, que celebra o seu aniversario","published_date":"2024-05-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053367\/20240524+FotoConsorcioCentroDiaAsNeves1.jpeg","id":"218962"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-24/218962-xunta-destaca-os-coidados-especializados-reciben-os-maiores-centro-dia-publico-das-neves-celebra-seu-aniversario https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.