Fabiola García destaca que Galicia consolídase como un modelo de lonxevidade e calidade de vida

  • O comité científico internacional está a realizar un estudo en varios concellos galegos para que a nosa comunidade sexa recoñecida como unha das seis rexións de todo o mundo coas denominadas Blue Zone

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, destacou que Galicia consolídase como un modelo de lonxevidade e calidade de vida ao optar a converterse nunha das seis Blue Zones en todo o mundo. Así o manifestou durante a súa intervención do XXXIV Congreso Internacional de Geriatría y Gerontología que reúne a profesionais do sector entre hoxe e mañá na Cidade da Cultura. 

A conselleira lembrou que o comité científico internacional realizará un estudo en varios concellos galegos das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra para analizar a posibilidade de concederlle este distintivo que recoñece ás comunidades con máis lonxevidade e calidade de vida. Neste sentido, agradeceu ao investigador responsable deste estudo, Michel Poulain, por destacar a Galicia como un dos mellores lugares do mundo para facerse maior. 

Así mesmo, a conselleira sinalou que a Xunta leva traballando durante os últimos anos na creación dun modelo de coidados que responda ás características territoriais da nosa Comunidade e lle permita ás persoas maiores vivir esa etapa das súas vidas onde e como eles prefiran. Como exemplo, lembrou a aprobación do novo modelo de coidados que permite crear centros máis eficientes ao tempo que máis humanos; ou das casas do maior, que ofrecen atención diúrna en concellos do rural. 

Lonxevidade como unha oportunidade

Fabiola García destacou que a lonxevidade debe ser vista como unha oportunidade xa que, na maioría dos casos, vén acompañada dunha maior calidade de vida que permite ás persoas de máis de 65 anos vivir esta etapa de forma activa, poder viaxar e desfrutar de máis tempo cos seus. Neste sentido, lembrou que o Goberno galego puxo en marcha neste ano 2024 o Carné +65 que ofrece descontos e vantaxes a todas as persoas maiores para que aproveiten esta etapa vital. 

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
218955 {"title":"Fabiola García destaca que Galicia consolídase como un modelo de lonxevidade e calidade de vida","published_date":"2024-05-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"218955"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-24/218955-fabiola-garcia-destaca-galicia-consolidase-como-modelo-lonxevidade-e-calidade-vida https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.