A Xunta debulla ante o empresariado de Lugo as axudas á disposición das persoas traballadoras autónomas e pemes

  • O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, e a directora do Igape, Covadonga Toca, participaron nunha nova xornada organizada pola Asociación de Autónom@s e Pequenas Empresas de Galicia
  • Fernández fixo fincapé na cota cero dispoñible para novas altas de autónomos durante os primeiros doce meses -entre outros apoios con prazo de solicitude aberto- ou o programa de 1ª experiencia profesional publicado onte no DOG
  • A directora do Igape destacou a liña de préstamos destinada a autónomos e pemes para acceder a financiamento nas condicións máis vantaxosas e a nova liña para a posta en marcha de proxectos para o desenvolvemento e mellora de factores ASG -Ambientais, Sociais e de Gobernanza-

Lugo, 23 de maio de 2024

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e a directora do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Covadonga Toca, participaron esta tarde en Lugo nunha xornada informativa das axudas da Xunta dirixidas a persoas traballadoras autónomas e pemes organizada pola Asociación de Autónom@s e Pequenas Empresas de Galicia (APE). Alí, o secretario xeral fixo especial fincapé en medidas novidosas como a cota cero dispoñible para novas altas de persoas traballadoras autónomas ou o programa de 1ª experiencia profesional publicado onte no Diario Oficial de Galicia (DOG) para incentivar a contratación de menores de 30 anos desempregados e que forma parte do compromiso "Galicia cumpre" para os primeiros 100 días de lexislatura.

Canto á cota cero, trátase dunha partida de 9,6 millóns de euros para subvencionar ao 100% a cota reducida dos novos autónomos durante os doce primeiros meses de actividade. Con prazo de solicitude aberto ata o 30 de setembro, forma parte dos 28,9 millóns convocados para, ademais, financiar os primeiros gastos da actividade dos traballadores por conta propia.

Sobre o programa de 1ª experiencia profesional, o prazo de solicitude para as empresas tamén se prolonga ata o 30 de setembro, cun orzamento global de case 4,2 millóns e contías de ata preto de 20.000 euros por persoa contratada co gallo de facilitar o seu acceso ao mercado laboral. A previsión é apoiar a empregabilidade de entre 250 e 410 menores de 30 anos mediante contratos formativos de doce meses de duración, dotándoos de competencias para poder acceder a un emprego estable e de calidade.

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais referiuse a máis axudas. Por exemplo, recordou que ata o 28 de xuño pódense solicitar as achegas que cun orzamento de 6,5 millóns de euros beneficiarán as persoas traballadoras autónomas, mutualistas, pequenas e medianas empresas, sociedades cooperativas e laborais, así como as empresas de inserción e os centros especiais de emprego, para impulsar o emprendemento mediante o financiamento dos custos de adquisición de equipamento informático ou para eficiencia enerxética.

Mirando ás persoas traballadoras autónomas, Pablo Fernández referiuse a dous programas de axudas que suman 9,5 millóns: para que traballadores autónomos cunha antigüidade superior aos 42 meses poidan ofrecer novos servizos e realizar investimentos que impulsen a súa capacidade competitiva e para os profesionais por conta propia que desexen volver emprender tras o cesamento de actividade. Así mesmo, entre outros, o Goberno galego habilitou 1 millón de euros para que os autónomos con persoas ao seu cargo poidan contratar alguén que os substitúan no traballo ou poidan recorrer a servizos de coidado.

Por último, o secretario xeral referiuse á Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que ten xa 13 centros activos en toda Galicia, á espera de que se inauguren dous máis. No marco deses Polos, segundo dixo, estase a impulsar un Plan de remuda para garantir a continuidade do tecido produtivo galego e véñense de publicar microguías de emprendemento para orientar na apertura de negocios. Tamén se puxo en marcha un Mapa de emprendemento que reúne todos os axentes territoriais e servizos ao dispor dos emprendedores da Comunidade. 

Na súa intervención, non quixo esquecerse da economía social e do pulo a esta fórmula que supón a Rede Eusumo, que fomenta o espírito emprendedor prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.

Medidas para pemes

Pola súa banda, a directora do Igape, Covadonga Toca, afondou nas liñas que o seu departamento ten á disposición do tecido empresarial galego, especialmente pemes e autónomos, entre as que destacou distintos programas activados xa desde comezos de ano en internacionalización e financiamento.

 

Toca Carús destacou que, un ano máis, a Xunta ten activada a liña de préstamos destinada a autónomos e pemes para acceder a financiamento nas condicións máis vantaxosas, a través de operacións que financian investimento e circulante, ou refinancian préstamos anteriores que materializaron en condicións menos vantaxosas.

 

A este programa, afondou, súmaselle a convocatoria da liña de préstamos directos para posibilitar o financiamento e os investimentos do tecido empresarial, e que conta cun dúas grandes novidades: dun lado, a concesión de préstamos para financiar a implantación de empresas galegas no exterior e, doutro, os préstamos para financiar circulante para as empresas de transformación e comercialización de produtos da pesca e acuicultura, e para a industria manufactureira.

 

Por último, a directora salientou que a Xunta de Galicia vén de abrir dúas liñas dirixidas a autónomos e pemes: por unha banda, unha nova convocatoria das axudas para proxectos de transformación dixital e, por outra, unha novidosa liña para a posta en marcha de proxectos para o desenvolvemento e mellora de factores ASG -Ambientais, Sociais e de Gobernanza-.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
217645 {"title":"A Xunta debulla ante o empresariado de Lugo as axudas á disposición das persoas traballadoras autónomas e pemes","published_date":"2024-05-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"217645"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-23/217645-xunta-debulla-empresariado-lugo-as-axudas-disposicion-das-persoas-traballadoras-autonomas-e-pemes https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.