Publicada a orde para a creación de 20 novas casas do maior no rural galego

Imagen del artículo Publicada a orde para a creación de 20 novas casas do maior no rural galego

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O orzamento é de 1,3 millóns de euros e permitira a creación de 100 prazas totalmente gratuítas para persoas maiores de 60 anos en concellos que non teñen servizos de atención diúrna
  • O obxectivo é rematar o ano con 143 casas en funcionamento por todo o territorio galego
  • Esta convocatoria contempla como novidade o establecemento dunha axuda complementaria de 150 euros semanais por maternidade ou paternidade

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2024 O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, visitou hoxe a casa do maior 'Agarimo', situada no concello ourensán de Ourense, na que os seus usuarios reciben unha atención personalizada preto das súas vivendas. Antón Acevedo destacou a importancia destes servizos para garantir uns coidados de calidade e gratuítos aos maiores que residen no rural.

Esta visita coincidiu coa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) da orde de axudas para a creación de 20 novas casas do maior. A Xunta destina 1,3 millóns de euros a esta convocatoria que permitirá a posta en funcionamento de 100 prazas 100% gratuítas para persoas maiores de 60 anos que viven en concellos de menos de 5.600 habitantes que non contan con servizos de atención diúrna.

Con esta nova convocatoria, Galicia rematará o ano con 143 casas do maior. Unha medida pioneira que Executivo autonómico comezou a implantar no ano 2018 e na que desde entón leva investidos 22,4 millóns de euros. Os promotores destes recursos reciben subvencións para as obras de acondicionamento dos inmobles nos que prestarán o servizo, para o mantemento da actividade e para o desprazamento dos usuarios. Así mesmo e como novidade, esta orde establece unha axuda complementaria de 150 euros semanais nos casos de baixa de maternidade ou paternidade da persoa encargada da casa do maior.

As persoas interesadas en poñer en marcha unha casa do maior teñen un mes de prazo, contado a partir de mañá, para presentar as súas solicitudes a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
216697 {"title":"Publicada a orde para a creación de 20 novas casas do maior no rural galego","published_date":"2024-05-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053364\/20240523+FotoDXMaioresCasadoMaiorAgarimo1.jpeg","id":"216697"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-23/216697-publicada-orde-creacion-20-novas-casas-do-maior-rural-galego https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.