A Xunta destina 65.000 euros na mellora do centro de día público para persoas maiores de Ribadeo

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • As obras afectarán tanto ao exterior como a o interior do edificio de titularidade municipal no que se presta este servizo de atención diúrna 

Ribadeo (Lugo), 22 de maio de 2024

A Xunta de Galicia destinará 65.000 euros a mellorar o centro de día de Ribadeo, pertencente á rede pública autonómica. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, asinou esta mañá co alcalde do concello, Daniel Vega, o convenio de colaboración para a realización destas actuacións que redundarán no benestar da vintena de persoas maiores que acoden diariamente a este inmoble. Ao acto tamén asistiu o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias.

As intervencións previstas afectarán tanto ao exterior como ao interior do edificio singular de titularidade municipal no que se presta este servizo de atención diúrna. Así, acondicionarase o xardín situado na fachada principal mediante unha zona pavimentada de granito e a colocación de bancos novos; mellorarase a accesibilidade da rampla de acceso coa instalación dunha varanda; e pintaranse a fachada e as reixas das fiestras. Tamén se dotará de novo mobiliario interior e instalarase climatización na galería para que se poida utilizar este espazo dunha maneira máis confortable. 

Estas actuacións dan continuidade ás xa realizadas recentemente no centro e que se centraron na carpintaría exterior, coa substitución das portas de madeira de máis de sete metros de altura emprazadas na planta baixa do inmoble; e na renovación do circuíto eléctrico da zona de lavandaría. 

Perfecto Rodríguez, que tras a firma do convenio visitou o centro xunto co delegado territorial da Xunta e o alcalde, puxo en valor os coidados especializados que se prestan nestas instalacións. Ademais, destacou a importancia da colaboración entre administracións para que as familias poidan ter á súa disposición unhas instalacións de calidade.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
214514 {"title":"A Xunta destina 65.000 euros na mellora do centro de día público para persoas maiores de Ribadeo","published_date":"2024-05-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053361\/20240522+ConsorcioRibadeo.jpeg","id":"214514"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-22/214514-xunta-destina-65-000-euros-na-mellora-do-centro-dia-publico-persoas-maiores-ribadeo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.