PRESÉNTASE NA CASA DE GALICIA EN MADRID A DÉCIMA EDICIÓN DO FESTIVAL BAL Y GAY, CON 12 CONCERTOS DO 8 AO 23 DE AGOSTO

Imagen del artículo PRESÉNTASE NA CASA DE GALICIA EN MADRID A DÉCIMA EDICIÓN DO FESTIVAL BAL Y GAY, CON 12 CONCERTOS DO 8 AO 23 DE AGOSTO

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  •  
  •  

Madrid, 22 de maio de 2024

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na presentación da XI Edición do Festival Bal y Gay, referente de música clásica en España polas súas excelentes propostas artísticas en espazos emblemáticos da Mariña (Lugo).

No acto estiveron presentes o director xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo;  Alba Rodríguez, directora do festival; Enrique Rodríguez Baixeras, presidente da Fundación Xesús Bal y Gay; e  Sonia Mulero, directora da Fundación Banco Sabadell.

O director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, fixo mención á renovación do compromiso do Goberno galego con cada edición deste festival. Lorenzo felicitou ao festival polo seu traballo a favor da "alfabetización cultural a través da música clásica", á vez que puxo en valor que estes concertos e as actividades do ciclo permiten coñecer espazos singulares do patrimonio de Galicia.

Na mesma liña, o representante da Xunta indicou que os obxectivos do festival están "plenamente aliñados coa aposta da Administración autonómica por fomentar o acceso e a participación da cidadanía na cultura, procurando unha oferta cultural diversa e de calidade".

Pola súa banda, a directora do festival mostrou a súa satisfacción polo cartel desta edición. "Estamos moi orgullosos de seguir contando este ano con artistas nacionais e internacionais de renome". Así mesmo, salientou que o seu obxectivo é "garantir a excelencia e buscar novos espazos" para achegar a música clásica ao público. Ademais, avanzou que este ano o festival mira a Asturias, coa intención de crecer, así resaltou a participación do pianista Martín García García e a Orquestra Sinfónica de Asturias.

O concerto inaugural do festival correrá a cargo do cuarteto Elías String Quartet, que "cativou ás mellores salas do mundo" entre elas o Carnegie Hall de Nova York, destacan desde o Festival. Este primeiro concerto terá lugar na praza de Conde Fontao de Foz, o día 8 de agosto ás sete da tarde. Interpretarán un selecto repertorio con música de Stravinsky e Schubert.

A fundación completa o cartel con artistas de renome mundial, que poñen á comarca ao nivel de grandes urbes cunha intensa actividade cultural. Así estarán nos distintos escenarios e localizacións do Festival o violinista armenio Sergey Khachatryan, o dúo Javier Ulises Illán e Nereydas, o grupo Música Ficta, o pianista Martín García García, as sopranos Katharina Konradi -xunto ao Cuarteto Cosmos- e Ruth Iniesta -que actuará xunto ao pianista Javier Carmena-, o dúo André Cebrián e Pedro Mateo.

Ademais, a Orquestra Sinfónica de Galicia será a encargada de clausurar a edición deste ano do Bal y Gay.Un festival cuxo xerme foi un curso de clarinete en Nois e cuxo obxectivo é "democratizar a cultura" achegando a música clásica ao público xeral. O certame conta co apoio da Deputación, Xunta e Fundación do Banco Sabadell.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
214392 {"title":"PRESÉNTASE NA CASA DE GALICIA EN MADRID A DÉCIMA EDICIÓN DO FESTIVAL BAL Y GAY, CON 12 CONCERTOS DO 8 AO 23 DE AGOSTO","published_date":"2024-05-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053361\/Presentaci%C3%B3n+del+Festival+Bal+y+Gay.jpg","id":"214392"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-22/214392-presentase-na-casa-galicia-madrid-decima-edicion-do-festival-bal-gay-12-concertos-do-8-ao-23-agosto https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.