O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración segue co proceso de diálogo aberto e reúnese coa Unión de Cooperativas Galega

Imagen del artículo O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración segue co proceso de diálogo aberto e reúnese coa Unión de Cooperativas Galega

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A Estratexia de Economía Social con horizonte ata 2027 aspira a xerar 4.000 empregos e posicionar este modelo nos sectores tecnolóxico, verde e industrial
  • O Goberno galego está a traballar no deseño da nova Lei de cooperativas para adaptala aos novos tempos contando coas achegas do sector
  • O orzamento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destinado á economía social en 2024 creceu nun 3%, chegando ata os 43,6 millóns de euros

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2024

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado da directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, mantivo hoxe un encontro coa presidenta da Unión de Cooperativas Galegas (EspazoCoop), Ana Olveira, e representantes do Consello Reitor e do equipo técnico da entidade, no marco do proceso de escoita activa que está a manter cos principais axentes sociais e económicos de Galicia.

Na xuntanza, González puxo en valor a aposta da Xunta pola economía social e, en particular, polo cooperativismo, unha fórmula empresarial de éxito en Galicia e que continúa a medrar: no último ano creáronse un total de 130 novas cooperativas, o que supón un crecemento do 7,69% con respecto a 2022.

A Xunta ten en execución na actualidade a 2ª Estratexia da economía social, coa que aspira a xerar 4.000 empregos e a posicionar este modelo nos sectores tecnolóxico, verde e industrial. Esta planificación con horizonte 2027 conta cun orzamento de máis de 174 millóns, para  xerar máis economía social, atraendo talento, mellorando a competitividade e o crecemento en sectores emerxentes. Ata esa data a Administración autonómica espera o nacemento de 400 novas entidades e que a mocidade e as mulleres teñan maior presenza na economía social.

Cómpre tamén subliñar que coa Estratexia, a Xunta confía en reducir o tempo de constitución de entidades a 37 días de media e incrementar nun 25% as firmas creadas en sectores emerxentes.

O conselleiro, así mesmo, fixo referencia á nova Lei de cooperativas, que está a deseñar o Goberno galego para adaptala aos novos tempos e axilizar a creación de entidades, un traballo no que se están a recabar as necesidades dos principais interlocutores. O novo marco legal no que a Administración autonómica está a traballar busca flexibilizar e facilitar a creación de novas entidades e axudar a que as existentes avancen na súa profesionalización e dixitalización. Trátase de adaptar o actual marco regulador, que data de 1998, ao novo contexto socioeconómico, e de dar o impulso definitivo a este modelo.

Con respecto ao punto de vista orzamentario, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración traballa para reforzar a economía social en Galicia cun investimento para este 2024 que aumentou nun 3% con respecto a 2023, polo que supera os 43,6 millóns de euros. O presupuesto artéllase en tres grandes eixes de actuación: a difusión da economía social, a creación e consolidación de iniciativas e a promoción do emprego inclusivo.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
212531 {"title":"O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración segue co proceso de diálogo aberto e reúnese coa Unión de Cooperativas Galega","published_date":"2024-05-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053358\/20240521+ConselleiroEspazocoop.jpg","id":"212531"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-21/212531-conselleiro-emprego-comercio-e-emigracion-segue-co-proceso-dialogo-aberto-e-reunese-coa-union-cooperativas-galega https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.