A Xunta destina 30.000 euros en obras de mellora e accesibilidade no centro de día público autonómico de Rois

  • Permitiu a creación dunha marquesiña para facilitar o acceso ao centro e arranxos no interior para mellorar o confort dos usuarios

Rois (A Coruña), 17 de maio de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou esta mañá o centro de día público autonómico de Rois, ao que o Goberno galego acaba de destinar 30.000 euros para acometer obras de mellora e accesibilidade. En concreto, estas actuacións permitiron a creación dunha marquesiña que facilite a impermeabilización e o acceso ao centro, así como actuacións no interior do inmoble para mellorar o confort dos usuarios.

Fabiola García, que durante a visita estivo acompañada do alcalde da localidade, Ramón Tojo Lens, lembrou que o Goberno galego aposta por ofrecer servizos que lle permita ás persoas maiores decidir onde e como vivir esta etapa das súas vidas. Neste sentido, lembrou que neste ano a Xunta impulsou o Bono coidado no fogar, unha axuda de 5.000 euros ao ano para aquelas persoas que están sendo atendidas nas súas casas; e tamén incrementou o orzamento ao Servizo de Axuda no Fogar, ata os 130 millóns de euros.

A continuación a conselleira supervisou as obras para a creación do futuro Punto de Atención á Infancia neste concello de Rois. Un novo centro de atención a nenos de 0 a 3 anos ao que o Goberno galego destinará máis de 120.000 euros e que ofrecerá 20 novas prazas de atención. Fabiola García lembrou que este futuro PAI incorporarase a gratuidade das escolas infantís que beneficia na actualidade a máis de 32.000 familias galegas que aforran 3.000 euros ao ano.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24428 {"title":"A Xunta destina 30.000 euros en obras de mellora e accesibilidade no centro de día público autonómico de Rois","published_date":"2024-05-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24428"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-17/24428-xunta-destina-30-000-euros-obras-mellora-e-accesibilidade-centro-dia-publico-autonomico-rois https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.