A Xunta centra a celebración do Día das Letras Galegas na Coruña, cidade da homenaxeada Luísa Villalta

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participa hoxe no acto académico da USC e mañá, 17 de maio, na axenda institucional da cidade herculina cunha exposición ao redor da autora e cun acto aberto á cidadanía 
Imagen del artículo A Xunta centra a celebración do Día das Letras Galegas na Coruña, cidade da homenaxeada Luísa Villalta
Santiago de Compostela, 16 de maio de 2024

A Xunta centrará mañá, 17 de maio, os actos principais de celebración do Día das Letras Galegas na Coruña, cidade natal da homenaxeada Luísa Villalta, coa inauguración dunha exposición na Casa do Concello, na se que repasa a traxectoria literaria e vital da escritora, e cun grande acto institucional no Teatro Colón aberto á toda cidadanía. 

No entanto, cómpre destacar a importante implicación, no que levamos de mes, das diferentes institucións e da cidadanía galegas na conmemoración das nosas Letras e na que se está a por en valor a figura poliédrica de Luísa Villalta; poeta, ensaísta, dramaturga, música e docente. Esta celebración colectiva intensificouse nestes últimos días con concertos, obras teatrais para todos os públicos e diferentes concursos escolares.

No marco desta programación, o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu hoxe ao acto académico da Universidade de Santiago de Compostela en honra da escritora coruñesa, no se presentou o libro Escribir para quen. Relecturas posíbeis de Luísa Villalta e se pronunciou a conferencia As feridas no ar. Sobre a figura poliédrica de Luísa Villalta, a cargo de María Xesús Nogueira Pereira, profesora do departamento de Literatura galega, e de Montserrat Pena Presas, docente do Departamento de Didácticas Aplicadas da Facultade de Ciencias da Educación.

Actos institucionais dos 17 de maio na cidade da homenaxeada

A Coruña será o epicentro da celebración mañá do Día das Letras Galegas, por ser a cidade berce da homenaxeada e estar moi presente na súa obra. Un dos actos institucionais principais, ademais do pleno extraordinario de la Real Academia Galega, é a inauguración na Casa do Concello da exposición A música das palabras, que a Xunta realiza en colaboración coa editorial Galaxia, na que se repasa a traxectoria biográfica e profesional da polifacética escritora.

Nela percórrese a súa ruta vital, co fin de axudar a comprender quen foi, que nos deixou e que implica a súa figura no panorama contemporáneo cultural de Galicia. O proxecto componse de 14 paneis compostos por textos, concisos e divulgativos, e cunha ampla información visual. O obxectivo é reflectir a súa traxectoria vital, intelectual e profesional, con dous deles especialmente referido á súa relación coa Coruña, a súa 'Cidade Alta', con versos dos seus poemarios e fotografías de Xurxo Lobato.

Tras a inauguración será o momento do grande acto institucional aberto ao público que se celebrará ás 11,00 horas no Teatro Colón da Coruña e contará coa participación e intervención dos máximos representantes do Goberno galego, da Real Academia Galega e do Concello da Coruña, ademais de que tamén intervirá nesta cerimonia un membro da familia de Luísa Villalta.  Sumaranse a esta celebración —aberta á sociedade e que contará con diferentes actuacións musicais— autoridades e membros de colectivos e asociacións e entidades vencelladas aos eidos culturais e socieconómicos de Galicia.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 16/05/2024
24409 {"title":"A Xunta centra a celebración do Día das Letras Galegas na Coruña, cidade da homenaxeada Luísa Villalta","published_date":"2024-05-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053343\/ConselleiroLetrasUSC.jpg","id":"24409"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un grupo de trabajo. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propio grupo de trabajo. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-16/24409-xunta-centra-celebracion-do-dia-das-letras-galegas-na-coruna-cidade-da-homenaxeada-luisa-villalta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.