A Xunta publica a orde para a creación de oito novas casas niño no rural galego

  • Permitirá a posta en marcha de 40 prazas totalmente gratuítas para nenos de 0 a 3 anos en concellos nos que non existe escola infantil
  • Nestes momentos, Galicia con 103 casas niño en funcionamento
  • Esta convocatoria contempla como novidade o establecemento dunha axuda complementaria de 150 euros semanais por maternidade ou paternidade

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde para a creación de oito novas casas niño no rural galego. A Xunta destina 806.200 euros a esta convocatoria que permitirá a posta en funcionamento de 40 prazas 100% gratuítas para nenos de 0 a 3 anos que viven en núcleos de poboación sen escola infantil.

Galicia conta nestes momentos con 103 casas niño en funcionamento, o que demostra a boa acollida destes servizos desde a súa posta en marcha no ano 2016. O Goberno galego fixo unha aposta decidida por dotar os concellos do rural galegos de servizos de conciliación e favorecer que as familias que viven nestes núcleos tamén teñan oportunidades para compatibilizar a súa vida laboral e familiar.

Esta nova convocatoria presenta como novidade o establecemento dunha axuda complementaria de 150 euros semanais durante o período que dure a baixa de maternidade ou paternidade da persoa encargada do servizo. Coma ata o de agora, o Goberno galego ofrece unha axuda anual a persoa promotora deste servizo e, a maiores, un investimento inicial dun máximo de 15.000 euros para a adecuación das instalacións onde se vaia emprazar a casa niño.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24340 {"title":"A Xunta publica a orde para a creación de oito novas casas niño no rural galego","published_date":"2024-05-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24340"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-14/24340-xunta-publica-orde-creacion-oito-novas-casas-nino-rural-galego https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.