A Xunta participa na Xornada de Responsabilidade Social Empresarial organizada por Vegalsa-Eroski
![Imagen del artículo A Xunta participa na Xornada de Responsabilidade Social Empresarial organizada por Vegalsa-Eroski](https://www.xunta.gal/documents/35297/887438/20240510+FotoDXInclusi%C3%B3nXornadaRSEVegalsa-Eroski.jpeg)
Estas imágenes pertenecen a xunta.gal
Oleiros (A Coruña), 10 de maio de 2024
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, asistiu hoxe a Xornada sobre Responsabilidade Social e Empresarial (RSE) organizada por Vegalsa-Eroski. Nela trasladou o recoñecemento da Xunta de Galicia a este grupo empresarial polo seu compromiso contra as desigualdades, apoiando valores como a solidariedade, a diversidade, a sustentabilidade e a conservación do medio ambiente.
Arturo Parrado destacou a importancia deste encontro para favorecer a colaboración entre institucións, entidades e axentes sociais. Na xornada debateuse sobre aspectos como a protección do entorno natural, a formación, a diversidade ou a inclusión laboral.