A Xunta financiará a reforma da residencia municipal para persoas maiores de Manzaneda cunha achega superior aos 300.000 euros

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A actuación enmárcase no novo Plan de investimentos, a través do que se sufragarán unha vintena de proxectos municipais para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais
  • No centro de Manzaneda mellorarase a accesibilidade e eficiencia enerxética, así como a zona de enfermaría e as habitacións

Manzaneda (Ourense), 8 de maio de 2024

A Xunta de Galicia financiará o 100% do proxecto que ten o Concello de Manzaneda para reformar a súa residencia de maiores cun investimento de 305.000 euros. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, e o delegado territorial do Executivo autonómico en Ourense, Manuel Pardo, visitaron hoxe as instalacións acompañados do alcalde do concello, Amable Fernández.

A reforma deste centro residencial forma parte da vintena de actuacións que sufragará o Goberno galego con cargo ao novo Plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais de titularidade municipal. Este Plan, dotado de 18,5 millóns de euros e acordado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), inclúe residencias, centros de día, vivendas comunitarias e centros sociais.

No caso da residencia de Manzaneda, melloraranse as condicións tanto de seguridade como de accesibilidade, así como a súa funcionalidade. Así mesmo, aumentarase a eficiencia enerxética do inmoble, coa renovación da instalación térmica e montaxe dun sistema eléctrico no mecanismo do ascensor. A intervención tamén inclúe a reforma da zona de enfermería e das habitacións do inmoble, con capacidade para atender a 40 usuarios.

Convenio e inicio dos traballos

Perfecto Rodríguez explicou que a previsión é asinar nas vindeiras semanas o convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello, co obxectivo de que os traballos poidan comezar a finais deste mesmo ano.

Ademais, o xerente fixo fincapé que este Plan de investimentos permitirá reforzar a rede de centros para a atención ás persoas maiores que dependen dos concellos. Nesta liña, engadiu que a través deste programa, o Goberno galego dará un impulso histórico aos recursos para o coidado dos maiores que teñen os concellos galegos. Ademais, suporá a creación de 500 novas prazas públicas de residencias e outras 150 de atención diúrna.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24165 {"title":"A Xunta financiará a reforma da residencia municipal para persoas maiores de Manzaneda cunha achega superior aos 300.000 euros","published_date":"2024-05-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887432\/20240508+FotoConsorcioResidenciaManzaneda1.JPG","id":"24165"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-08/24165-xunta-financiara-reforma-da-residencia-municipal-persoas-maiores-manzaneda-cunha-achega-superior-aos-300-000-euros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.