A Xunta mantén aberto o prazo para que entidades e toda a cidadanía galega presenten candidaturas ás Medallas Emilia Pardo Bazán

Imagen del artículo A Xunta mantén aberto o prazo para que entidades e toda a cidadanía galega presenten candidaturas ás Medallas Emilia Pardo Bazán

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O prazo para rexistrar as propostas remata o vindeiro luns, día 13 de maio
  • Estes galardóns son un recoñecemento público ao traballo de persoas e entidades a prol da igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2024

O Goberno galego mantén aberto ata o vindeiro luns, día 13 de maio, o prazo de presentación de candidaturas ás Medallas Emilia Pardo Bazán 2024, que recoñece a contribución de persoas ou entidades na defensa e promoción da igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres. Calquera persoa física ou xurídica, organismos, entidades, asociacións e mesmo administracións públicas que desexen presentar as súas propostas poden facelo a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para formalizar a proposta, as persoas interesadas deben achegar unha memoria ou informe en que se expoñan os méritos polos que se insta a conceder o recoñecemento á persoa, entidade ou institución aspirante ao galardón.

A Xunta impulsou as Medallas Emilia Pardo Bazán no ano 2019 para enxalzar as accións relevantes a prol da igualdade efectiva e brindar unha recoñecemento público ás medidas desenvolvidas na nosa comunidade nese eido. A través destes premios, o Executivo autonómico contribúe á sensibilización social, a dar máis visibilidade aos talentos e capacidades das mulleres, e á difusión da traxectoria vital e profesional de persoas e entidades comprometidas con erradicar as discriminacións de xénero e coa construción dunha sociedade máis xusta.

Premios da última edición

Na edición do ano pasado, as Medallas Emilia Pardo Bazán recaeron a María Teresa Cortizas González-Criado, pola súa labor como delegada de Igualdade do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; á Fundación Secretariado Gitano, que actúa a prol da inclusión social da poboación xitana así como contra a discriminación que sofren as mulleres xitanas; e á Asociación Ejecutivas de Galicia, que traballa pola igualdade e polo recoñecemento público de mulleres profesionais a través do proxecto Referentes galegas.

Estes galardóns levan o nome de Emilia Pardo Bazán por tratase dunha precursora na defensa do dereitos das mulleres e do feminismo, e por ter reivindicado a educación das mulleres. Ademais, en todas as súas obras incorporou ideas sobre a modernización da sociedade e o acceso das mulleres  ás mesmas oportunidades que os homes.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24092 {"title":"A Xunta mantén aberto o prazo para que entidades e toda a cidadanía galega presenten candidaturas ás Medallas Emilia Pardo Bazán","published_date":"2024-05-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887426\/igualdad.jpg","id":"24092"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-06/24092-xunta-manten-aberto-prazo-entidades-e-cidadania-galega-presenten-candidaturas-as-medallas-emilia-pardo-bazan https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.