As familias poderán consultar a partir de mañá as listaxes provisionais de admitidos nas escolas infantís da Xunta para o curso 2024-2025

  • O martes, día 7 de maio, abrirase un prazo de cinco días hábiles para presentar alegacións
  • As listaxes definitivas daranse a coñecer o vindeiro 31 de maio

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2024

A Xunta de Galicia publicará mañá a listaxe provisional de admitidos nas súas escolas infantís para o curso 2024-2025, que se poderá consultar na páxina web da Consellería de Política Social e Igualdade. A partir do martes día 7 de maio e a ata o luns 13 abrirase un período para presentar alegacións.

As listaxes definitivas de admitidos nas máis de 170 escolas infantís da rede pública autonómica daranse a coñecer o día 31 deste mesmo mes, unha vez feito o cribado de solicitudes dun mesmo neno para varias escolas.

Unha vez publicada a relación de admitidos, as familias terán de prazo do 1 ao 14 de xuño para formalizar a matrícula dos seus fillos. O inicio do curso nos centros de 0 a 3 anos da Xunta está fixado para o 6 de setembro.

Gratuidade

No curso 2024-2025 a atención educativa será de novo gratuíta para o 100% do alumnado en todas as escolas infantís de Galicia durante oito horas ao día e once meses ao ano, tanto nas que forman parte da rede pública da Xunta como nas que dependen dos Concellos, nas de iniciativa social e nas privadas adheridas ao programa de gratuidade do Goberno galego.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24077 {"title":"As familias poderán consultar a partir de mañá as listaxes provisionais de admitidos nas escolas infantís da Xunta para o curso 2024-2025","published_date":"2024-05-05","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24077"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-05/24077-as-familias-poderan-consultar-partir-mana-as-listaxes-provisionais-admitidos-nas-escolas-infantis-da-xunta-curso-2024-2025 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.