A Xunta colabora con Afaga para a apertura en Vigo do primeiro Centro de Innovación de Alzheimer de Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, destacou durante a inauguración o traballo da asociación para atender a familias e enfermos de Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas

Vigo, 4 de maio de 2024

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, destacou este sábado a colaboración do Goberno galego coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (Afaga) para a apertura na cidade do primeiro Centro de Innovación de Alzheimer de Galicia.

"Estou convencida de que este paso que damos hoxe vai supoñer un antes e un despois na resposta ás persoas que padecen esta enfermidade e contade como ata agora coa Xunta de Galicia para levar a cabo o encomiable traballo que realizades", sinalou a responsable autonómica.

Situado na rúa Faisán de Vigo (entre o Centro de Saúde da Dobrada e o Equipo de Valoración e Orientación -EVO-, da Consellería de Política Social), o novo centro de Afaga ocupa un espazo a pé de rúa de algo máis de 500 metros cadrados cedido pola Xunta.

Con capacidade para atender a 39 persoas en cada unha das dúas quendas (mañá e tarde), as instalacións dispoñen, entre outros espazos, de distintas salas polivalentes para o uso de novas tecnoloxías como, por exemplo, a realidade virtual inmersiva aplicada á fisioterapia, ademais de contar cunha terraza exterior e un horto terapéutico.

Ana Ortiz destacou durante a súa intervención o gran labor de Afaga durante os últimos 30 anos e puxo en valor a innovación en terapias que desde este centro están a dirixirse a atender a novos perfís emerxentes na sociedade. A Administración autonómica oferta máis de medio milleiro de prazas públicas nos centros de día que xestiona as asociacións que forman parte de Afaga.

A delegada territorial, acompañada pola vicepresidenta da Deputación de Pontevera, Luisa Sánchez; o secretario territorial, Fernando González Abeijón, e a xefa territorial de Política Social, Ángeles Rouco, realizaron unha visita guiada ás novas instalacións, durante a cal se interesaron polos innovadores programas, terapias e actividades que Afaga desenvolve no novo centro. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24069 {"title":"A Xunta colabora con Afaga para a apertura en Vigo do primeiro Centro de Innovación de Alzheimer de Galicia","published_date":"2024-05-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887420\/20240504+Inauguraci%C3%B3n+Centro+Afaga+1.jpg","id":"24069"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-04/24069-xunta-colabora-afaga-apertura-vigo-do-primeiro-centro-innovacion-alzheimer-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.