O DOG publica a contratación por réxime de concerto social de 128 novas prazas públicas de atención á discapacidade

  • O Goberno galego impulsa este ano un total de 166 prazas públicas: 128 incluídas nesta publicación e 38 que se crearán por modificación de contrato
  • Destinaranse 14,6 millóns de euros durante os próximos catro anos á creación destes servizos de atención diúrna e residencial que xestionarán as entidades sociais
  • Suporá a ampliación da rede pública de atención especializada a estas persoas, que supera as 5.000 prazas

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución, en réxime de concerto social, de 128 prazas públicas de atención diúrna e residencial dirixidas a persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA), discapacidade física, parálise cerebral, dano cerebral adquirido e discapacidade intelectual. O Goberno galego impulsou este mesmo ano a creación destas novas prazas públicas ás que hai que sumar outras 38 que se tramitarán mediante modificación de contrato. 

En total, a Xunta impulsa este ano a creación de 166 prazas públicas no ámbito da discapacidade, para o que se destinarán 14,6 millóns de euros durante os próximos catro anos. Coa aprobación deste acordo, o Goberno galego dá resposta a un dos compromisos fixados para os cen primeiros días de lexislatura: o impulso de novas prazas de residencia e centros de día para maiores e persoas con discapacidade.

Estas novas prazas súmanse ás máis de 5.000 en centros de día e residencias que financia o Goberno galego na actualidade a través do concerto social, unha demanda histórica do terceiro sector que xa está vigor desde o pasado día 1 de marzo. Ademais de ampliar a rede pública de coidados especializados, mediante esta medida a Xunta facilita que os usuarios destes servizos sexan atendidos na súa contorna, sen necesidade de que teñan que facer longas distancias.

1.100 novas prazas 

De feito, neste inicio de mandato, a Xunta deu luz verde a un investimento de 18,5 millóns de euros para a creación de 650 prazas en residencias e centros de día de titularidade municipal, ao impulso doutras 100 prazas coa creación de 20 novas casas do maior; a estas 166 novas prazas de atención á discapacidade e a próxima entrada en funcionamento das novas residencias de maiores de Santiago de Compostela e Lugo, xa entregadas pola Fundación Amancio Ortega, e que suman outras 240 prazas. En total, o Executivo galego impulsou a creación de máis de 1.100 novas prazas públicas en residencias e centros de día.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24035 {"title":"O DOG publica a contratación por réxime de concerto social de 128 novas prazas públicas de atención á discapacidade","published_date":"2024-05-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24035"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-03/24035-dog-publica-contratacion-rexime-concerto-social-128-novas-prazas-publicas-atencion-discapacidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.