O DOG publica a contratación por réxime de concerto social do funcionamento do Centro de Intervención Educativa en Medio Aberto da Coruña

  • O Goberno galego investirá 615.000 euros anuais ata 2028 na atención a adolescentes que cumpren medidas xudiciais en réxime aberto
  • Trátase dun incremento medio anual do 15% con respecto á situación actual, o que permitirá reforzar este servizo
  • Concertarase cunha entidade social a xestión deste servizo, que ten como obxectivo a reinserción destes mozos e evitar a reincidencia

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a contratación por réxime de concerto social do funcionamento do Centro de Intervención Educativa en Medio Aberto (Ciema) da provincia da Coruña. O Goberno galego investirá 615.000 euros ao ano ata 2028 nos programas deste centro para favorecer a reintegración social de adolescentes que cumpren medidas xudiciais sen privación de liberdade.

Esta contía supón un incremento medio anual do 15% con respecto á situación actual, o que permitirá reforzar este servizo. O ano pasado este centro atendeu a máis de 300 menores de idade que estaban nesta situación. Concertarase cunha entidade social a xestión deste servizo, que ten como obxectivo a reinserción destes mozos e evitar a reincidencia.

Galicia conta con cinco Ciemas situados nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Neles préstase atención a adolescentes que están a cumprir  medidas impostas polos xulgados en réxime aberto. Desde setembro do ano pasado todos son xestionados por entidades sociais a través de concertos, agás o da Coruña, para o que se aprobou hoxe a súa convocatoria.

Reeducación e inserción social

As actuacións que se realizan nos Ciemas están orientadas cara á reeducación dos menores infractores, para o que se teñen en conta as súas circunstancias persoais, familiares e sociais. Os profesionais destes centros perseguen a reinserción dos menores para o que traballan con eles na adquisición das habilidades sociais, laborais e educativas necesarias para a súa integración social, así como para evitar a reincidencia e a exclusión social.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24010 {"title":"O DOG publica a contratación por réxime de concerto social do funcionamento do Centro de Intervención Educativa en Medio Aberto da Coruña","published_date":"2024-05-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24010"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-02/24010-dog-publica-contratacion-rexime-concerto-social-do-funcionamento-do-centro-intervencion-educativa-medio-aberto-da-coruna https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.