Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e o Día de Galicia en Asturias acrecentarán os vínculos entre ambas entidades

  • A delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino da Coruña

A Coruña, 27 de abril de 2024

A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo,  participou no acto de irmandamento entre o Centro Asturiano da Coruña e a asociación Día de Galicia en Asturias. Na súa intervención destacou que "grazas a estas dúas entidades, que hoxe se unen, puxéronse en marcha estratexias comúns, que resultaron moi beneficiosas para as dúas rexións".

A representante do Goberno autonómico animou á asociación Día de Galicia en Asturias a seguir sendo unha das mellores embaixadoras de Galicia en Asturias e a manter esa transmisión dos aspectos que teñen en común e unen a ambas as comunidades.

Ademais, puxo en valor o labor do Centro Asturiano da Coruña para promocionar e divulgar a cultura e a gastronomía asturiana e o bo facer das súas empresas con actos que reforzan aínda máis os lazos que unen ambas rexións.

A delegada rematou a súa intervención destacando que "a proximidade que sempre existiu entre galegos e asturianos consolidouse como un sentimento de cooperación e entendemento recíproco que debemos seguir mantendo e transmitindo aos nosos descendentes".

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23898 {"title":"Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e o Día de Galicia en Asturias acrecentarán os vínculos entre ambas entidades","published_date":"2024-04-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23898"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-27/23898-belen-do-campo-destaca-irmandamento-as-asociacions-do-centro-asturiano-e-dia-galicia-asturias-acrecentaran-os-vinculos-ambas-entidades https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.