A Casa de Galicia en Madrid recibe a visita dos alumnos, profesores e monitores do Colexio Divina Pastora Salesianos de Lugo
Estas imágenes pertenecen a xunta.gal
Madrid, 27 de abril de 2024
O director da Casa de Galicia, Javier Vázquez, recibiu na mañá de hoxe na sede da Xunta de Galicia en Madrid aos alumnos e profesores do Colexio Divina Pastora Salesianos de Lugo, que se atopan na capital de España realizando unha visita cultural.
Os alumnos, acompañados polos polo seu director, José Luís Gallego; Óscar Bartolomé, coordinador inspectorial de escolas salesianas da Inspectoría Santiago o Maior, e outros profesores e monitores fixeron a súa primeira parada na Casa de Galicia para dar a coñecer aos alumnos esta institución e as actividades que leva a cabo na capital española.