Fabiola García reivindica que Galicia é a única comunidade autónoma que conta cunha rede pública de centros de día de alzhéimer

  • O Goberno galego renovou o convenio anual con esta entidade, dotado con 90.000 euros, que permite a posta en marcha de programas de atención e campañas de sensibilización co Alzheimer

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2024 

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, participou esta mañá na inauguración das XXII xornadas interdisciplinarias organizadas pola Federación Alzheimer Galicia (Fagal) en Santiago. Durante a súa intervención lembrou que o Goberno galego está facendo unha importante aposta pola atención a esta doenza, apoiándose sempre na profesionalidade e especialización das entidades sociais.

Neste sentido, apuntou que Galicia é a única comunidade que conta cunha rede pública de centros de día específicos para a atención ao Alzheimer, que desde o ano 2009 duplicaron as súas prazas ata as 500. Así mesmo, o pasado ano o Goberno galego impulsou o concerto social para blindar a atención de 5000 prazas públicas en distintos ámbitos e ao que destina máis de 100 millóns de euros ao ano.

A Xunta de Galicia acaba de renovar tamén o convenio de colaboración anual con Fagal, dotado de 90.000 euros, para impulsar programas especializados de atención ás persoas dos seus centros e unha campaña de visibilización e sensibilización con esta doenza. Fabiola García destacou que o Goberno galego continuará a traballar para atender as necesidades das persoas con Alzheimer, das súas familias e de todos os profesionais que traballan neste ámbito.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23885 {"title":"Fabiola García reivindica que Galicia é a única comunidade autónoma que conta cunha rede pública de centros de día de alzhéimer","published_date":"2024-04-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23885"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-27/23885-fabiola-garcia-reivindica-galicia-e-unica-comunidade-autonoma-conta-cunha-rede-publica-centros-dia-alzheimer https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.