O escritor Manuel Gómez presentou na Casa de Galicia en Madrid o seu libro "Camiño de Santiago con Mithra, Prisciliano e Mahoma"

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

Madrid, 26 de abril de 2024

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na presentación do libro de Manuel Gómez, "CAMIÑO DE SANTIAGO CON MITHRA, PRISCILIANO E MAHOMA". 

Manuel Gómez estudou Ciencias Económicas na Universidade Complutense de Madrid e Paisaxismo na Escola de Xardinaría Castelo de Batres. Foi o fundador, xunto a Leandro Silva, da Asociación de Amigos do Xardín e da Paisaxe.

O autor do libro explicou aos asistentes que o Camiño de Santiago é un dos fenómenos máis sorprendentes do noso tempo. "Xente de todos os países e de todas as idades —crentes, ateos, agnósticos— áchase disposta a sufrir penalidades durante un traxecto que pode durar moitos días, tantos como o peregrino considere necesarios, seguindo as etapas do camiño elixido. Xorde a dúbida sobre que camiño débese elixir e sobre todo por que razóns un decide facer ese camiño", explicou.

Manuel Gómez indaga neste libro a orixe da tumba de Santiago, colmado de lendas e anécdotas e as razóns que levaron ao bispo Gelmírez xunto coa Orde de Cluny e as autoridades eclesiásticas a promover esta peregrinación ante o perigo doutras relixións, principalmente o mitraísmo ou o islam, ademais das propias herexías que ían xurdindo dentro da Igrexa.

Acompañáronlle no acto Alicia Arés, directora dos Editorial Cadernos do Laberinto; Inés Alberdi, catedrática de Socioloxía na UCM; Juan Fernando da Igrexa, artista e profesor emérito de Belas Artes de Pontevedra; e Rafael Ramón, profesor emérito.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23854 {"title":"O escritor Manuel Gómez presentou na Casa de Galicia en Madrid o seu libro \"Camiño de Santiago con Mithra, Prisciliano e Mahoma\"","published_date":"2024-04-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887196\/Presentaci%C3%B3n+libro+Manuel+G%C3%B3mez.jpg","id":"23854"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-26/23854-escritor-manuel-gomez-presentou-na-casa-galicia-madrid-seu-libro-camino-santiago-mithra-prisciliano-e-mahoma https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.