Fabiola García anuncia unha nova convocatoria para crear oito novas casas niño que aumentará ata os 111 o número de centros en Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Financiaranse con 800.000 euros as obras de adecuación e o funcionamento dos novos centros
  • Inclúese unha axuda complementaria de 150 euros semanais durante o tempo que dure a baixa de maternidade ou paternidade da encargada do servizo

Pazos de Borbén (Pontevedra), 25 de abril de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, valorou hoxe como moi positivo o balance das casas niño, un servizo pioneiro que Galicia comezou a implantar hai oito anos e que está a ser imitado por outras comunidades autónomas. Fíxoo na visita á casa niño 'Cativos de Andrea', unha das dúas creadas en Parzos de Borbén, e na que anunciou unha nova convocatoria para a posta en marcha de oito novos centros deste tipo, que aumentará ata os 111 os existentes en Galicia.

Fabiola García lembrou que no Consello da Xunta desta semana se aprobou un investimento de 800.000 euros para financiar as obras de adecuación e o funcionamento das novas casas. Ademais, e como novidade, a convocatoria deste ano inclúe unha axuda complementaria de 150 euros semanais durante o tempo que dure a baixa de maternidade ou paternidade da persoa encargada do servizo. Esta axuda é para todas as casas niño, tanto as que se creen ao abeiro desta convocatoria como as que xa están en funcionamento.

Galicia rematará este ano con 111 casas niño, que suman 555 prazas gratuítas de atención á nenos de 0 a 3 anos en concellos que non teñen escolas infantís.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23829 {"title":"Fabiola García anuncia unha nova convocatoria para crear oito novas casas niño que aumentará ata os 111 o número de centros en Galicia","published_date":"2024-04-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887193\/_78A8832.jpg","id":"23829"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-25/23829-fabiola-garcia-anuncia-unha-nova-convocatoria-crear-oito-novas-casas-nino-aumentara-ata-os-111-numero-centros-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.