A Xunta reivindícase como administración facilitadora do emprego con políticas de apoio, acompañamento e retorno para o traballo por conta propia e allea

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • José González comprometeuse á "escoita activa" e a reforzar a colaboración público-privada e convocará en datas próximas os foros do diálogo social, da economía social e do comercio para avanzar na resposta da Administración aos retos económicos 
  • Avogou pola axilidade administrativa e a desburocratización para facilitar a actividade empresarial na comunidade como un dos pasos para xerar emprego de calidade, inclusivo e un crecemento económico intelixente
  • O Goberno galego abordará nesta Lexislatura a innovación do sector do comercio e a súa dixitalización co deseño dun plan estratéxico co apoio dos seus axentes
  • A Estratexia Galicia Retorna quere atraer 30.000 galegos no exterior ata 2026 e aproveitar o seu talento para dar cobertura a postos vacantes na comunidade

Pontevedra, 24 de abril de 2024

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou esta mañá nunha nova xornada Triple Hélice do Foro Empresa Pontevedra, onde referendou os tres obxectivos que perseguirá á fronte deste departamento: acadar máis e mellor emprego, garantir a competitividade do tecido comercial e redobrar aposta polo retorno dos galegos no exterior dándolles facilidades para desenvolver unha actividade económica en Galicia. 

O Goberno galego quere ser unha Administración cada vez máis facilitadora, polo que na presente Lexislatura avanzará na simplificación, desburocratización e unificación do catálogo de axudas existentes para o emprendemento. A primeira mostra deste compromiso, afirmou González, é o recén estreado Mapa do Emprendemento, un espazo web (www.mapaemprendemento.gal) que aspira a integrar o ecosistema galego implicado no desenvolvemento de inciativas. O obxectivo último non é outro que o de xerar emprego de calidade e inclusivo que permita crecer a economía galega de xeito intelixente. 

González mostrou a súa firme aposta, neste camiño, pola colaboración público-privada e anunciou que en datas próximas abrirá un proceso de "escoita activa"  e convocará todos os foros nos que participa a Xunta no eido do diálogo social, a economía social e o comercio. Nestes mecanismos de diálogo, avanzou, abordará os retos da comunidade en relación co desemprego de longa duración ou coa transición da mocidade á vida laboral activa. 

Modernización do servizo de emprego

Tal e como apuntou o titular de Emprego, un dos principais retos económicos aos que se enfronta a comunidade ten que ver coa resposta que as Administracións teñen que dar ás máis de 12.000 vacantes existentes. A Xunta está a modernizar o Servizo Público de Emprego, mellorando as oficinas e dixitalizándoas para prestar unha mellor atención. 

González lembrou que xa está a funcionar nas 54 oficinas de emprego de Galicia o sistema EMI que aproveita a intelixencia artificial e a analítica avanzada para sincronizar a oferta de postos coa demanda das persoas usuarias destes servizos. Galicia está a abandeirar, dixo, unha renovación moi importante para conectar as necesidades das empresas coa demanda de emprego existente. 

Na mesma liña a Administración autonómica está a realizar un esforzo sen precedentes para ofrecer cualificación para o emprego adaptada ás necesidades do mercado, cun Plan Galego de Formación dotado con 117 millóns de euros este ano e mediante o deseño de accións cos principais clústeres. A comunidade reforzará, en colaboración con eles, as microformacións de tendencia en Europa, que garanten a reciclaxe dos traballadores: un mecanismo áxil que permite percibir as necesidades do tecido produtivo a través do proceso de escoita activa, indicou o conselleiro. 

Impulsar o traballo autónomo e o comercio

O representante da Xunta anunciou que a estructura da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración reforzarase na nova etapa coa creación dunha dirección xeral específica de emprego autónomo e economía social para aproveitar o potencial emprendedor da comunidade. Avanzará na simplificación do catálogo de axudas neste eido, duns 60 millóns de euros ao ano, e adaptarao ás necesidades dos autónomos. 

González destacou que a Rede de polos de emprendemento, unha inciativa que está a espertar o interese doutras comunidades, completarase este ano coa apertura doutros dous centros, ata chegar aos quince e se complementará mediante a creación dun centro de orientación ao emprendemento conectado cos servizos de emprego para mellorar a orientación laboral aos seus usuarios. 

Nesta nova Lexislatura, por outra banda, José González avanzou que se abordará a innovación no sector minorista e a súa dixitalización. Buscar a fidelización da clientela e axudar ao sector do comercio a ofrecer un produto diferenciado serán dous dos obxectivos neste eido. 

Retorno con emprego

González puxo en valor, por último, as posibilidades que ofrece o retorno de galegos no exterior para construír unha Galicia máis próspera que aproveite o talento e o arraigo deste colectivo. 

A comunidade, dixo, estalles a facilitar a volta a través da Estratexia Retorna coa que se pretende atraer ata 2026 un total de 30.000 persoas. Iniciativas como o programa Retorna Cualifica Emprego, están a poñer a dispor formación a medida para un retorno de calidade, vencellado ao desempeño dun traballo en Galicia e con facilidades para instalarse nos concellos da comunidade. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23818 {"title":"A Xunta reivindícase como administración facilitadora do emprego con políticas de apoio, acompañamento e retorno para o traballo por conta propia e allea","published_date":"2024-04-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/85678-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"23818"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-24/23818-xunta-reivindicase-como-administracion-facilitadora-do-emprego-politicas-apoio-acompanamento-e-retorno-traballo-conta-propia-e-allea https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.