Rueda compromete o apoio do Goberno galego ao sector da automoción para seguir aumentando a súa competitividade e a creación de emprego

Imagen del artículo Rueda compromete o apoio do Goberno galego ao sector da automoción para seguir aumentando a súa competitividade e a creación de emprego

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Evidencia a necesidade de que desde o Goberno nacional cheguen os fondos PERTE para poder levar a cabo todas as axudas prometidas
  • Salienta o avance en Galicia nestes últimos anos á hora de impartir a formación necesaria para adaptarse as necesidades do mercado

Vigo, 24 de abril de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reiterou hoxe o compromiso do Goberno galego de apoiar ao sector da automoción para seguir aumentando a súa competitividade e a creación de emprego.

 

Así o sinalou hoxe durante a súa intervención na clausura da asemblea do Clúster da Automoción e da Mobilidade de Galicia (Ceaga), onde precisou que a automoción é un sector clave para a economía e así se vai tratar desde o Goberno galego, referíndose á distribución dos fondos dispoñibles: "Imos priorizar o que temos en manter estes miles de postos de traballo. Imos axudarlles a ser competitivos neste sector tan global".

 

Neste sentido, evidenciou a necesidade de que desde o Goberno nacional cheguen os fondos PERTE para poder levar a cabo todas as axudas prometidas. "Non é unha petición política, senón práctica. Aínda estamos a tempo de cambiar o sistema de distribución deses miles de millóns de euros en PERTES industriais que seguen na casa de saída", sinalou o titular do Executivo galego.

 

Ademais, salientou o avance en Galicia nestes últimos anos á hora de impartir a formación necesaria para adaptarse as necesidades do mercado, e a importancia de que se dea da forma máis rápida e flexible posible: "Fomos mellorando en algo tan importante como a formación, para ser capaces de impartila rapidamente, cando se necesita formar a ese persoal para que poida asumir novas maneiras de traballar".

 

Por último, tendeu a man a Ceaga para seguir colaborando como ata o de agora, e animoulles a seguir traballando polo ben de Galicia: "Sigan así, movan a economía. Se lles vai ben, a Galicia lle irá ben".

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23815 {"title":"Rueda compromete o apoio do Goberno galego ao sector da automoción para seguir aumentando a súa competitividade e a creación de emprego","published_date":"2024-04-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/85673-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"23815"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-24/23815-rueda-compromete-apoio-do-goberno-galego-ao-sector-da-automocion-seguir-aumentando-sua-competitividade-e-creacion-emprego https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.