A Xunta destaca o carácter pioneiro do Centro Interxeracional de Ourense no seu quinto aniversario

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O equipamento, pertencente á rede pública autonómica, ofrece servizos de centro de día para persoas maiores e de escola infantil para nenos de 0 a 3 anos

Ourense, 24 de abril de 2024

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, destacou que Galicia foi pioneira en unir nun mesmo equipamento servizos de atención a persoas maiores e nenos de 0 a 3 anos coa posta en marcha do Centro Interxeracional de Ourense, construído e financiado no seu día pola Fundación Amancio Ortega e pertencente á rede publica autonómica. Así o lembrou nos actos organizados para celebrar os cinco anos de actividade do centro de día e da escola infantil que comparten este espazo.

O xerente do Consorcio salientou que neste tempo o centro converteuse nun referente para o fomento do encontro entre maiores e pequenos, coa organización de actividades conxuntas que fomentan o envellecemento activo e saudable, así como a transmisión de coñecementos e valores. 

Así mesmo, Perfecto Rodríguez fixo fincapé no feito de que nunha mesma infraestrutura se ofreza unha atención completa desde os primeiros anos de vida ata a madurez, ao tempo que se achega unha alternativa de conciliación para moitas familias. Tamén felicitou ao persoal do centro polo seu traballo, que permite prestar un servizo da máxima calidade. 

Actividades 

Para conmemorar o quinto aniversario do centro programáronse xogos de experimentación, coa participación de nenos da escola infantil e lectura conxunta; un taller especial de cociña coa Asociación Down Ourense e outro de elaboración de xabóns artesanais coa Asociación Morea. A xornada festiva rematou cunha actuación musical. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23789 {"title":"A Xunta destaca o carácter pioneiro do Centro Interxeracional de Ourense no seu quinto aniversario","published_date":"2024-04-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887190\/20240424+FotoConsorcioCentroInterxeracionalOurense1.jpg","id":"23789"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-24/23789-xunta-destaca-caracter-pioneiro-do-centro-interxeracional-ourense-seu-aniversario https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.