A Xunta facilita servizos públicos de atención temperá ás familias preto dos seus fogares

Imagen del artículo A Xunta facilita servizos públicos de atención temperá ás familias preto dos seus fogares

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Galicia conta na actualidade con preto de 50 centros que dan cobertura a 200 concellos e que atenden problemas de desenvolvemento en nenos de 0 a 6 anos

Sanxenxo (Pontevedra), 23 de abril de 2024

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, subliñou  hoxe a importancia de que as familias conten preto das súas casas cun servizo para prever posibles problemas de desenvolvemento nos seus fillos. Díxoo na celebración do primeiro ano de actividade da unidade do Salnés Sur, que xestiona a Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) co apoio económico da Xunta de Galicia e na que estivo acompañada do alcalde da localidade, Telmo Martín, e do presidente da AGAT, Jaime Ponte.

Neste sentido, a directora xeral destacou o forte impulso que o Executivo autonómico deu nos últimos anos á atención temperá, consolidando unha rede pública que hoxe está formada por preto de 50 unidades distribuídas por toda comunidade que dan cobertura ás familias de 200 concellos fronte ás tan só dúas que había en 2009. En concreto, nesta unidade do Salnés asisten nenos dos municipios de Cambados, O Grove, Meaño, Meis, Ribadumia e Sanxenxo.

Begoña Abeijón apuntou que foron máis de 100 as familias que se beneficiaron deste servizo no último ano e puxo o foco en que estes servizos permiten unha abordaxe máis eficiente de problemas de desenvolvemento en nenos de 0 a 6 anos, e que teñen que ver con aspectos como problemas afectivos, de conducta, de comunicación e linguaxe, de motricidade ou cognitivos, entre outros.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23770 {"title":"A Xunta facilita servizos públicos de atención temperá ás familias preto dos seus fogares","published_date":"2024-04-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887187\/IMG-20240423-WA0009.jpg","id":"23770"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-23/23770-xunta-facilita-servizos-publicos-atencion-tempera-as-familias-preto-dos-seus-fogares https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.