Rueda aposta por unha "colaboración institucional sincera" para construír a Galicia do futuro puxante no económico e centrada nas persoas

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Defende crear un clima favorable para os proxectos empresariais e industriais, así como impulsar as enerxías verdes
  • Aposta polo rigor sinalando "que non se vai autorizar en Galicia nada que non cumpra estritamente toda a normativa"
  • Pon en valor o "Estilo Galicia" para afrontar o "futuro prometedor" que ten a comunidade por diante

A Coruña, 23 de abril de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, apostou hoxe por construír entre todos unha Galicia que sexa puxante na esfera económica e industrial, pero que teña o foco posto en mellorar a vida das persoas. Así, avogou por unha "colaboración institucional sincera" entre todas as administracións como ferramenta fundamental para acometer proxectos en beneficio de todos os galegos.

Así o sinalou hoxe durante a súa participación no III Foro económico El Español A Galicia que vén, onde defendeu a necesidade de crear un clima favorable para os proxectos empresariais e industriais, facilitando e axilizando a tramitación; de apostar polas enerxías verdes e que os seus beneficios queden en Galicia; e de consolidar a Galicia como un polo de atracción de investimentos.

"Temos enormes oportunidades neste momento, temos proxectos que están mirando cara Galicia pola nosa estabilidade política e a seguridade fronte a outros territorios; polas nosas condicións de músculo empresarial e económico; polas nosas condicións de situación xeográfica... condicións que nos converten nun territorio moi apetecible, así que imos aproveitar esas oportunidades entre todos", manifestou.

Ao mesmo tempo, manifestou a aposta do Goberno galego polo rigor, sinalando "que non se vai autorizar en Galicia nada que non cumpra estritamente toda a normativa, pero se cumpre non deixaremos de autorizalo en ningún caso".

Neste sentido, citou algunhas das medidas postas en marcha pola Xunta para conseguilo, como a Oficina económica de Galicia, unha canle única para todos os trámites dos empresarios. "O que busca esta oficina é ter unha visión de conxunto de departamentos que están tramitando á vez o mesmo proxecto e que todo vaia en harmonía e coordinación", explicou.

Tamén puxo en valor o "Estilo Galicia" para afrontar o "futuro prometedor que temos por diante".  Así, a comunidade ten avanzado en diferentes eidos nos últimos anos como no incremento do PIB, o descenso do paro a mínimos históricos, o saldo migratorio positivo ou a gratuidade da atención educativa 0-3 anos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23758 {"title":"Rueda aposta por unha \"colaboración institucional sincera\" para construír a Galicia do futuro puxante no económico e centrada nas persoas","published_date":"2024-04-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887187\/240423_Pte_ElEspanol_DCS-1.jpg","id":"23758"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-23/23758-rueda-aposta-unha-colaboracion-institucional-sincera-construir-galicia-do-futuro-puxante-economico-e-centrada-nas-persoas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.