Rueda destaca o compromiso da Xunta coa investigación sanitaria ao case triplicar o investimento neste eido desde 2020

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Os orzamentos deste ano reservan 6,3 M€ a este eido, un 10 % máis que no 2023
  • Salientou que a investigación é fundamental para seguir avanzando na medicina e mellorar a atención e calidade de vida dos pacientes a través de novas terapias, melloras na diagnose ou nas cirurxías.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o compromiso do Goberno autonómico coa investigación sanitaria, eido ao que se reservan nos orzamentos deste ano 6,3 millóns de euros, é dicir, case o triplo que no 2020, cando se destinaron 2,3 millóns e un 10 % mais que no 2022. "A sanidade supón case a metade dos recursos públicos que pagan os galegos e galegas cos seus impostos", salientou.

 

Durante a súa intervención na entrega do V Premio Internacional Ramiro Carregal de Cardioloxía, referiuse a este último como "mecenas incansable" e salientou que a investigación é fundamental para seguir avanzando na medicina e mellorar a atención e calidade de vida dos pacientes a través de novas terapias, melloras na diagnose ou nas cirurxías.

 

Rueda agradeceu o gran labor que realizan milleiros de investigadores coma Ana Belén Cid, a premiada desta quinta edición polos avances nunha cirurxía para tratar unha das insuficiencias cardíacas máis habituais nos maiores de 75 anos. "Se temos unha magnífica sanidade é porque temos uns magníficos profesionais", destacou.

 

Galicia é unha comunidade referente no eido da cardioloxía, posto que foi pioneira ao poñer en marcha o Programa galego de atención ao infarto en 2005 que permite reducir o tempo no que o paciente chega a sala de hemodinámica. Ademais, no 2015 creouse o Rexistro galego de infarto de miocardio para analizar as características clínicas dos afectados; o Sergas conta con seis completas salas de hemodinámica nos hospitais e no 2023 Galicia rexistrou o seu mellor tempo de resposta ante un infarto: 97 minutos desde a realización do electrocardiograma ata a apertura da arteria responsable do infarto.

 

"Galicia ten unha enorme sorte e creo que todos os recursos públicos manexados con sentidiño, por moi cuantiosos que sexan, nunca serán suficientes para agradecer o labor que fan", finalizou.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23733 {"title":"Rueda destaca o compromiso da Xunta coa investigación sanitaria ao case triplicar o investimento neste eido desde 2020","published_date":"2024-04-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887184\/240422_Pte_Sanidade_RamiroCarregal_DCS-1.JPG","id":"23733"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-22/23733-rueda-destaca-compromiso-da-xunta-coa-investigacion-sanitaria-ao-case-triplicar-investimento-neste-eido-2020 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.