O libro "Ourense, muy cerca" presentouse na Casa de Galicia en Madrid coa presenza do presidente da deputación, Luís Menor

Imagen del artículo O libro Ourense, muy cerca presentouse na Casa de Galicia en Madrid coa presenza do presidente da deputación, Luís Menor

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

Madrid, 16 de abril de 2024

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na presentación do do libro "Ourense, muy cerca", do escritor e xornalista ourensán Moncho Conde Corbal e editado pola Deputación de Ourense, representado en Madrid polo propio presidente, Luís Menor.

Conde Corbal explicou que a obra "incorpora a mirada e os recordos de nove xornalistas, escritores, ilustradores e profesionais da comunicación con capacidade para expresar literariamente as emocións que lles xera esta terra".

O volume transformarase nun obsequio que recibirán todos os viaxeiros que se suban  ao AVE en Chamartín con destino a Ourense o próximo 23 de abril, coincidindo co Día do Libro

Pola súa banda, o presidente da Deputación de Ourense, Luís Menor, afirmou na Casa de Galicia en Madrid que "o AVE é ese factor de competitividade e valor engadido que necesitabamos en Ourense", un instrumento ao servizo dunha provincia "que ten a inmensa capacidade de asombrar ao viaxeiro".

O AVE "é o milagre que transforma as distancias físicas en tempo" e que pon ao alcance de calquera viaxeiro un territorio "que sorprenderá a quen non o coñeza", subliñou o presidente da Deputación, que ante o salón repleto da Casa de Galicia en Madrid destacou a singularidade termal da provincia, á que se refiren a maior parte dos colaboradores que participan neste libro.

O patrimonio arquitectónico e histórico, a natureza, o enoturismo, a gastronomía e os camiños xacobeos foron algúns dos recursos máis importantes citados por Luís Menor "nun prólogo da viaxe que me gustaría que fixesen á nosa terra", convidou aos presentes.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23627 {"title":"O libro \"Ourense, muy cerca\" presentouse na Casa de Galicia en Madrid coa presenza do presidente da deputación, Luís Menor","published_date":"2024-04-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887161\/laracasadegalicia.jpg","id":"23627"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-16/23627-libro-ourense-muy-presentouse-na-casa-galicia-madrid-coa-presenza-do-presidente-da-deputacion-luis-menor https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.