Rueda participa na inauguración da exposición de fotoxornalismo 'A Galicia inédita'
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a xunta.gal
Santiago de Compostela, 15 de abril de 2024
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe en Santiago de Compostela na inauguración da exposición A Galicia inédita. Unha ollada diferente do fotoxornalismo galego, organizada pola Asociación de Periodistas de Galicia e o Colectivo profesional de fotoxornalistas. "En Galicia temos magníficos profesionais e por iso exposicións como esta serven para que se vexa a excelencia do voso traballo", sinalou.
Na súa intervención, o titular do Executivo galego reivindicou a importancia destes profesionais á hora de interpretar a realidade e construír a memoria colectiva, ao tempo que aproveitou para agradecer o seu labor e o de todos os profesionais dos medios de comunicación. "Estamos moi orgullosos do xornalismo e o fotoxornalismo que se fai en Galicia", manifestou.
- Etiquetas:
- A Presidencia da Xunta