A Xunta completa traballos preventivos en 40 hectáreas do distrito forestal III Santiago-Meseta interior para potenciar a defensa contra os lumes
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- As actuacións, levadas a cabo no primeiro trimestre de ano polo persoal do distrito, consistiron na roza mecanizada de 30 hectáreas de áreas cortalumes e faixas auxiliares de pistas e as 10 restantes correspóndense con roza manual
- Ademais, tamén se acometeron tarefas de mellora en 40 puntos de auga e actuou en máis de 15 quilómetros de pistas
- O pasado ano, neste distrito forestal actuouse sobre unha superficie de 180 hectáreas, das cales 103 se corresponderon con roza mecanizada en faixas auxiliares de pistas e 77 en áreas cortalumes

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2024
A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte, segue realizando traballos de prevención de incendios forestais ao longo de todo o territorio. Neste sentido, o persoal do Distrito Forestal III Santiago-Meseta Interior, na provincia da Coruña, vén de actuar ao longo do primeiro trimestre deste ano sobre 40 hectáreas a través de traballos de roza mecanizada -30 hectáreas- e manual -10 hectáreas- en áreas cortalumes e faixas auxiliares de pistas.
A maiores, o persoal deste distrito forestal tamén levou a cabo actuacións relacionadas con 40 puntos de auga e realizaron labores de mantemento en máis de 15 quilómetros de pistas forestais. Ademais, no que vai de ano, tamén participaron en seis accións divulgativas en centros escolares e grupos locais.
No pasado 2023, os traballadores deste distrito completaron a roza mecanizada de 180 hectáreas, das cales 103 se corresponderon con faixas auxiliares de pistas e as 77 restantes con áreas cortalumes. Ademais, actuaron con roza manual noutras 40 hectáreas en devasas e melloraron 300 puntos de auga. Tamén hai que sumar o mantemento de 24 quilómetros de pistas forestais e as 15 charlas divulgativas que realizaron tanto en centros escolares como en grupos locais.