A Xunta comeza as obras de mellora do firme na estrada LU-132 ao paso polo municipio de Trabada
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A intervención, que se desenvolverá ao longo do día de hoxe e de mañá, conta cun investimento de case 91.000 €
- O obxectivo é rehabilitar a capa de rodaxe nunha superficie aproximada de 4.800 m² entre os quilómetros 11 e 21+660 da vía que comunica Lourenzá e Vilafernando
- Para a execución destes traballos habilítanse carrís alternativos de circulación e sinalización provisional de desvíos, cando é necesario

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2024
A Xunta comezou as obras de mellora do firme na estrada LU-132 ao paso polo concello de Trabada.
Esta intervención, que se desenvolverá ao longo do día de hoxe e de mañá, conta cun investimento de case 91.000 euros.
Os traballos que se están levando a cabo teñen como obxectivo a rehabilitación da capa de rodaxe nesta vía que comunica Lourenzá e Vilafernando.
A actuación acométese no marco do contrato de conservación ordinaria e vialidade invernal da zona norte de Lugo. De xeito máis concreto, forma parte da planificación da campaña de rehabilitación de firmes prevista para este ano.
Os traballos comprenden o acondicionamento do firme con formigón bituminoso nunha superficie aproximada de 4.800 m², entre os puntos quilométricos 11 e 21+660, no termo municipal de Trabada.
Unha vez rematadas as obras de rehabilitación do firme, procederase á reposición das marcas viarias.
Para a execución destes traballos habilítanse carrís alternativos de circulación e sinalización provisional de desvíos, cando é necesario.