Especialistas da Xunta e do Goberno canario intercambian en Galicia coñecementos e experiencias en materia de extinción de incendios forestais

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O persoal insular está a coñecer polo miúdo, ao longo desta semana, as instalacións, protocolos e medios do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF) de Galicia
  • Ademais, realizan prácticas conxuntas cos seus colegas galegos en materia de manexo de motobombas e das novidosas unidades batracio, creadas e desenvolvidas de xeito pioneiro polo dispositivo da nosa comunidade
  • Terán tamén coñecemento sobre o funcionamento e operatividade dos helicópteros do dispositivo galego e participarán conxuntamente cos profesionais da nosa comunidade en manobras de emprego de lume técnico, usado en queimas prescritas

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2024

Un grupo de profesionais dos Equipos de Intervención y Refuerzo en Incendios Forestales (EIRIF) do Goberno das Illas Canarias atópase esta semana de visita en Galicia, para intercambiar coñecementos e experiencias con persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF) da Xunta.

A estancia desta unidade especializada en extinción de lumes está sendo coordinada pola Dirección Xeral de Defensa do Monte, dependente da Consellería do Medio Rural, e permitirá aos profesionais canarios coñecer polo miúdo instalacións, protocolos e medios do SPIF galego.

A súa primeira xornada de traballo, onte luns, estivo centrada na reconstrución de incendios forestais históricos e no coñecemento do dispositivo da Xunta e do Sistema estrutural de mando operativo (Semop). Ademais, os representantes da EIRIF canaria visitaron o Centro de Coordinación Central de loita contra o lume, situado en San Lázaro e realizaron prácticas conxuntas cos seus colegas galegos no manexo das unidades chamadas "batracio". Estes equipos, ideados e desenvolvidos de xeito pioneiro polo persoal do SPIF, están formados por tractor, cisterna, trituradora multifunción e polidozer -lámina multifunción- e teñen unha gran versatilidade no combate e defensa fronte os incendios.

Prácticas conxuntas

O programa de hoxe martes e do resto da semana inclúe actividades como as prácticas conxuntas sobre manexo de auga con vehículos motobomba ou a visita a unha base aérea da Xunta, para coñecer de primeira man o funcionamento e operatividade dos helicópteros de extinción e coordinación do dispositivo galego.

A maiores, o equipo canario participará, de xeito conxunto con persoal técnico, axentes e bombeiros forestais da Consellería do Medio Rural, en manobras de emprego de lume técnico, utilizado en queimas prescritas.

Este tipo de encontros, a nivel técnico e operativo, constitúense como experiencias altamente enriquecedoras para as entidades participantes, favorecendo o intercambio de coñecemento e experiencias entre o persoal de ambos dispositivos e a posta en común de solucións ante problemáticas similares.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 09/04/2024
23505 {"title":"Especialistas da Xunta e do Goberno canario intercambian en Galicia coñecementos e experiencias en materia de extinción de incendios forestais","published_date":"2024-04-09","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/775504\/240409_canarios_incendios_Galicia_1.jpeg","id":"23505"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-09/23505-especialistas-da-xunta-e-do-goberno-canario-intercambian-galicia-conecementos-e-experiencias-materia-extincion-incendios-forestais https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.