A Xunta reforza desde mañá os servizos de autobús en Teo con novas paradas, un servizo á primeira hora da mañá ata A Ramallosa e melloras nos horarios nas conexións con Santiago e Padrón

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A liña actual A Agrela-A Ramallosa prolóngase ata O Espiño e engade tres novas paradas nos lugares de Buela e Veitureira, en Teo, e no lugar de Bascuas, en Padrón
  • Nesa liña actívase un novo servizo baixo demanda, de luns a venres laborables, con saída máis cedo, ás 07,15 horas, que permitirá chegar á Ramallosa antes das 08,00
  • Os servizos A Silva-Santiago da primeira hora da mañá en tempada non lectiva e da primeira hora da tarde en época escolar adiántanse ás 07,10 horas e ás 14,45 horas, respectivamente, para axustarse ás demandas dos usuarios
  • Os horarios da liña Xoane-Padrón da mañá en tempada non lectiva iguálanse cos da época lectiva, saíndo de Padrón ás 07,15 horas e de Xoane ás 07,40 horas
  • Nesta mesma liña, durante a tempada escolar o servizo de ida pola tarde sairá ás 16,00 horas
Santiago de Compostela, 7 de abril de 2024

A Xunta reforzará desde mañá, 8 de abril, os servizos de autobús no municipio de Teo con novas paradas, un servizo á primeira hora da mañá ata A Ramallosa e melloras nos horarios das conexións con Santiago e Padrón.

Con estes axustes, a Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, atende as peticións trasladadas polo Concello e a cidadanía de Teo, ampliando a cobertura do transporte público a máis localidades e adecuando con maior precisión os horarios dalgúns servizos.

Así, a liña A Agrela-A Ramallosa, que conecta a zona limítrofe de Teo e Padrón coa capital municipal, prolóngase para atender catro paradas máis. Tres destas paradas son novas e créanse en poboacións que non contaban con elas: nos lugares de Buela e Veitureira, en Teo, e no lugar de Bascuas, en Padrón. A outra parada, no Espiño, que será cabeceira da liña, xa se viña empregando noutras liñas de transporte público.

Ademais, nesta liña, que pasa a denominarse O Espiño-A Ramallosa, actívase un novo servizo máis cedo dos actuais, ás 07,15 horas, que funcionará baixo demanda de luns a venres laborables durante todo o ano e que permitirá chegar á capital municipal antes das 08,00 horas.

A ampliación da liña e a nova frecuencia melloran a mobilidade dos cidadáns ata a capital do concello e, ao tempo, permítelles acceder na Ramallosa á oferta de servizos de transporte público que conecta esta localidade con Santiago de Compostela e outros puntos do municipio de Teo.

Na conexión con Santiago, en tempada non lectiva adiántase ás 07,10 horas a saída do servizo A Silva-Santiago de primeira hora da mañá, para que a chegada sexa antes das 08,00 horas, facilitando a marxe de tempo aos usuarios para os seus horarios de traballo, tamén fóra dos períodos escolares.

En tempada lectiva, o servizo A Silva-Santiago das 15,15 horas adiántase ás 14,45 horas para adecuarse ás necesidades dos usuarios con horarios de tarde.

Nas conexións entre Teo e Padrón, en tempada non lectiva, os servizos da liña Xoane-Padrón adáptanse aos horarios solicitados polos cidadáns e terán horarios que xa se atopan vixentes nos períodos lectivos. Así, de luns a venres laborables, á primeira hora da mañá sairá en sentido Padrón-Xoane un servizo ás 07,15 horas e, a continuación, en sentido Xoane-Padrón sairá ás 07,40 horas.

Durante os períodos escolares, o servizo da tarde de Xoane a Padrón terá saída ás 16,00 horas de luns a venres laborables.

O conxunto das medidas aprobadas responden ao compromiso da Xunta de Galicia por mellorar os servizos de transporte público interurbano adaptándoos, na medida do posible, ás necesidades de mobilidade dos usuarios.

A información relativa aos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 07/04/2024
23470 {"title":"A Xunta reforza desde mañá os servizos de autobús en Teo con novas paradas, un servizo á primeira hora da mañá ata A Ramallosa e melloras nos horarios nas conexións con Santiago e Padrón","published_date":"2024-04-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets_v2\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia.png","id":"23470"} galicia C. de Infraestruturas e Mobilidade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-07/23470-xunta-reforza-mana-os-servizos-autobus-teo-novas-paradas-servizo-primeira-hora-da-mana-ata-ramallosa-e-melloras-nos-horarios-nas-conexions-santiago-e-padron https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.