Lete Lasa anuncia que a finais do presente ano Galicia será a comunidade pioneira cunha conta satélite do deporte

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Destaca a importancia das administracións na xestión tanto do deporte profesional coma o non profesional e indica que o futuro pasa por dar resposta aos catro principios de gobernanza, transparencia, sostibilidade financeira e solidariedade financeira

Muxía (A Coruña), 5 de abril de 2024

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe mesa redonda 'Industria do deporte profesional en Galicia: máis alá do negocio e o espectáculo' no marco da XIII Reunión anual do Foro Económico de Galicia. Alí, Lete Lasa anunciou que cara a fin do ano 2024 Galicia será a comunidade pioneira en contar cunha conta satélite do deporte. 

Este obxectivo, da man do Instituto Galego de Estatística, posibilitará o coñecemento e a toma de decisións ao redor do sistema deportivo en Galicia grazas á enorme utilidade que proporciona a información testada e os datos procedentes dos distintos e variados parámetros económicos do deporte. No momento actual calcúlase que o deporte galego representa o 2,5% do PIB de Galicia, cun volume anual de negocio que ronda os 1.600 millóns, e que e que xera arredor de 12.000 postos de traballo.

Lete Lasa destacou a importancia que teñen as administracións na xestión tanto do deporte profesional coma o non profesional e indicou que o futuro do deporte pasa por dar resposta aos catro principios básicos de gobernanza, transparencia, sostibilidade financeira e solidariedade financeira.

Desde as administracións, dixo, debemos ofrecer seguridade xurídica aos actores deportivos e levar a cabo unha aposta decidida polo deporte non profesional. Neste sentido destacou o Plan de Patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia, que nesta tempada 2023-2024 chega aos 3,7 millóns de euros e beneficiará a uns 225 equipos. Do mesmo xeito sinalou ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva como o centro da excelencia deportiva galega con 168 deportistas becados e cun gasto anual de 3 millóns de euros, do que teñen saído 26 deportistas olímpicos e 2 paralímpicos. Lete Lasa tamén fixo referencia aos deportistas galegos de alto nivel que na última resolución xa son 1.173 recoñecidos e que tras acadar en 2023 o récord de axudas chegando a preto de 700.000 euros, neste 2024 volverán contar con outros 600.000 euros.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23443 {"title":"Lete Lasa anuncia que a finais do presente ano Galicia será a comunidade pioneira cunha conta satélite do deporte","published_date":"2024-04-05","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773492\/lete+muxia-8.jpg","id":"23443"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-05/23443-lete-lasa-anuncia-finais-do-presente-ano-galicia-sera-comunidade-pioneira-cunha-conta-satelite-do-deporte https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.