A Xunta acada o 25 % de execución nas obras de mellora de 63 paradas de autobús en estradas autonómicas da zona sur de Santiago, que supoñen un investimento de 1,8 M€

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Na actualidade están en execución actuacións en paradas nos Tilos, no Parque Montouto, en Montouto ou en Cacheiras, no concello de Teo; así como en Urdilde, Samil ou Castro, en Rois
  • Xa se acondicionaron 6 paradas na AC-543 e na AC-301, en Barcia e Roxos, en Santiago; en Martelo, en Rois; e en Lestrove, no municipio de Padrón
  • Estas tarefas forman parte dun contrato para mellorar a accesibilidade e a seguridade en 2 paradas en Dodro, 2 en Padrón, 7 en Rois, 8 en Santiago, 35 en Teo e 10 en Vedra 
  • O director explica que as obras avanzan a bo ritmo e segundo vaian finalizando, iranse poñendo ao servizo dos usuarios do transporte público, que verán melloradas as prestacións
  • Os traballos inclúen a instalación de marquesiñas, a mellora da accesibilidade con ramplas, información en braille ou o incremento da visibilidade e iluminación
  • As obras enmárcase no Plan de mellora da seguridade e accesibilidade das paradas de autobús nas estradas autonómicas, cun orzamento de 35 M€ para a mellora de 1.100 paradas 
Teo (A Coruña), 5 de abril de 2024

As obras de mellora da accesibilidade de 63 paradas de autobús en estradas autonómicas na zona sur de Santiago que está a desenvolver a Xunta cun investimento de 1,8 M€, acadan xa o 25% de execución.

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, xunto coa alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, supervisou hoxe estes traballos en marcha en dúas paradas situadas no núcleo de Cacheiras, en Teo, municipio no que se están a mellorar un total de 35 paradas e cuxos traballos se prevé ter rematados no mes de maio. 

Estas tarefas forman parte dun contrato maior que inclúe a mellora da accesibilidade e a seguridade en distintas paradas de estradas autonómicas ao seu paso polos concellos de Dodro, Padrón, Rois, Santiago de Compostela, Teo e Vedra, que supoñen un investimento global da Xunta de máis de 1,8 millóns de euros.

Na actualidade están en execución actuacións en paradas na AC-841, concretamente nos Tilos, no Parque Montouto, en Montouto ou en Cacheiras, todas no municipio teense que hoxe visitou o director da Axencia Galega de Infraestruturas. 

Tamén están en marcha as actuacións en paradas situadas en Urdilde, en Samil ou Castro, no concello de Rois. E xa se acondicionaron 6 paradas na AC-543 e na AC-301, concretamente en Barcia e Roxos, en Santiago; en Martelo, en Rois; e en Lestrove, en Padrón.

Estas intervencións da Xunta están a levarse a cabo no ámbito das rutas de acceso á cidade de Santiago polo sur, nun total de oito estradas: AC-543, AC-241, AC-242, AC-301, AC-307, AC-453, AC-841 e AC-960. 

O director explicou que as obras nas paradas avanzan a bo ritmo e segundo vaian finalizando, iranse poñendo ao servizo dos usuarios do transporte público, que verán melloradas as súas prestacións.

As intervencións consisten no acondicionamento dos carrís para a parada do autobús, a mellora da accesibilidade e a pavimentación da contorna coa execución de sendas ou beirarrúas. 

Tamén se prevé a instalación de novas marquesiñas, ademais de actuacións complementarias de drenaxe, condución de servizos ou colocación de varandas para protexer aos usuarios aí onde poida haber desniveis.

Ademais acométense melloras da accesibilidade para peóns, en xeral, e para persoas con mobilidade reducida, a través de medidas como a conexión das paradas cos itinerarios peonís, a execución de ramplas de acceso, información en braille ou pavimento podotáctil.

Este proxecto forma parte do Plan de mellora da seguridade e accesibilidade das paradas de autobús nas estradas autonómicas, co que a Xunta ten previsto investir arredor de 35 M€ para a mellora de 1.100 paradas en toda Galicia.

Os proxectos están financiados ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia da Unión Europea-Next Generation EU e enmárcase no Plan de infraestruturas da Xunta para unha mobilidade segura, verde e intelixente.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 05/04/2024
23436 {"title":"A Xunta acada o 25 % de execución nas obras de mellora de 63 paradas de autobús en estradas autonómicas da zona sur de Santiago, que supoñen un investimento de 1,8 M€","published_date":"2024-04-05","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets_v2\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia.png","id":"23436"} galicia C. de Infraestruturas e Mobilidade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-05/23436-xunta-acada-25-execucion-nas-obras-mellora-63-paradas-autobus-estradas-autonomicas-da-zona-sur-santiago-suponen-investimento-1-8-m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.