A Casa de Galicia en Madrid acolleu o primeiro recital poético dentro dun ciclo que durará ata o mes de decembro
![Imagen del artículo A Casa de Galicia en Madrid acolleu o primeiro recital poético dentro dun ciclo que durará ata o mes de decembro](https://www.xunta.gal/documents/35297/773483/casadegalicia.jpg)
Estas imágenes pertenecen a xunta.gal
Madrid, 2 de abril de 2024
A Casa de Galicia en Madrid acolleu, dentro dun ciclo que se celebrará os primeiros luns de cada mes até final de ano, o I recital poético "Apuntamentos para non disolverse na común semente do tempo" coordinado polo polifacético artista Antonino Rodríguez Nieto.
Neste primeiro recital poético participaron os poetas Carmen Branco e Claudio Rodríguez Fer.
Durante o acto interveu tamén, a pintora Beatriz López-Linares cunha creación en vivo; a soprano, María Rodríguez e o gaiteiro, Juan Luna, con senllas actuacións musicais.