A Xunta licita por 7,8 M€ a execución das obras da 1ª fase de mellora da capacidade e da seguridade da estrada LU-540 entre Viveiro e Cabreiros

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A intervención suporá un investimento global de 8,2 M€, tendo en conta as expropiacións, e levarase a cabo entre os quilómetros 5+000 e 20+090 desta vía autonómica, nos municipios de Viveiro e Ourol
  • A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe a licitación, establecendo como prazo ata o vindeiro 24 de abril para que as empresas poidan presentar ofertas
  • As obras reducirán o tempo de viaxe e aumentarán a seguridade no traxecto entre Viveiro e Lugo con carrís de adiantamento, rectificación de curvas, reforma de interseccións e renovación do firme
  • A intervención máis intensa realizarase no treito inicial, entre os quilométricos 5 e 8, cun acondicionamento completo da vía que incluirá a ampliación da calzada, un terceiro carril e un cambio de sentido
Imagen del artículo A Xunta licita por 7,8 M€ a execución das obras da 1ª fase de mellora da capacidade e da seguridade da estrada LU-540 entre Viveiro e Cabreiros
Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2024

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitou hoxe por importe de 7.879.558 euros as obras da 1ª fase de mellora da capacidade e da seguridade da estrada LU-540 entre Viveiro e Cabreiros, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 5 e 20+090, ao paso polos municipios de Viveiro e de Ourol.

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe esta contratación, á que as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o día 24 de abril. Os traballos contan cun prazo de execución de 24 meses.

O obxectivo da Xunta é iniciar a finais deste verán a execución dos traballos de acondicionamento dos case 15 quilómetros deste treito da vía autonómica, en sentido Viveiro-Lugo.

O investimento global da intervención ascende a máis de 8,2 M€, tendo en conta o pagamento dos 146 predios precisos para executar esta primeira fase de aumento da capacidade da LU-540.

Neste momento, o treito interurbano da estrada LU-540, a partir do punto quilométrico 5, unha vez pasado Landrove, presenta unha alta porcentaxe de prohibición de adiantamento, dun 73 % en sentido Lugo e dun 83 % en sentido Viveiro, e ten curvas de radio reducido.

As obras licitadas hoxe reducirán o tempo de viaxe e aumentarán a seguridade no traxecto entre Viveiro e Lugo con carrís de adiantamento, rectificación de curvas, reforma de interseccións e renovación do firme de todo o treito. Esta intervención fará posible que en todo o trazado se permita circular a 90 km/h.

Máis en detalle, a intervención máis intensa realizarase no treito inicial da vía, entre os quilómetros 5 e 8, cun acondicionamento integral da vía que incluirá a ampliación da calzada, a dotación de terceiro carril e a rectificación das curvas, pasando dun radio mínimo de 70 metros a un de 120 metros.

Ademais, nesta intervención incluirase un cambio de sentido na marxe esquerda do punto quilométrico 6+000 e repoñeranse os camiños de servizo afectados.

Arredor do punto 10+300, acometerase a mellora da intersección, en ambas as marxes, pasando de estar enfrontadas a aumentar a distancia entre elas, para habilitar carrís centrais para as dúas.

Na contorna do punto quilométrico 14+000, disporase un carril adicional de adiantamento e mellorarase a intersección que dá acceso ao núcleo de Ourol.

Ademais, aumentarase a capacidade da vía en sentido Viveiro-Lugo, á altura do punto quilométrico 16+000, coa implantación dun carril para vehículos rápidos, e mellorarase a seguridade viaria na intersección do quilómetro 15+750, incluíndose a reposición de camiños.

Esta intervención completarase co reforzo do firme, que implicará o fresado nas zonas máis danadas e a reposición da capa de rodaxe nos preto de 15 quilómetros da actuación.

A contratación desta obra supón o inicio da mellora da capacidade e da seguridade desta vía autonómica, que se desenvolverá en dúas fases, tras terse aprobado no Consello da Xunta do pasado 25 de xaneiro o proxecto de trazado na LU-540, entre Viveiro e Cabreiros, que suporá un investimento global de 15 M€.

No que se refire á segunda fase do proxecto, os traballos desenvolveranse entre os puntos quilométricos 20+090 e o 39+520, nos concellos de Muras e de Xermade.

Neste treito, as actuacións centraranse no aumento da capacidade da vía nalgúns tramos en rampla, mediante a incorporación dun carril adicional para vehículos rápidos, reducindo a distancia entre os treitos de adiantamento contiguos.

O Goberno galego en funcións segue traballando nos obxectivos da actuación de reforzar a competitividade territorial das comarcas da Mariña e da Terra Chá, mellorar a seguridade viaria dos condutores e ofrecerlles aos veciños desprazamentos máis cómodos e eficientes.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 20/03/2024
23156 {"title":"A Xunta licita por 7,8 M€ a execución das obras da 1ª fase de mellora da capacidade e da seguridade da estrada LU-540 entre Viveiro e Cabreiros","published_date":"2024-03-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773444\/cim+viveiro.jpg","id":"23156"} galicia C. de Infraestruturas e Mobilidade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-20/23156-xunta-licita-7-8-m-execucion-das-obras-da-1-fase-mellora-da-capacidade-e-da-seguridade-da-estrada-lu-540-viveiro-e-cabreiros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.