A Xunta publica no DOG a aprobación do proxecto reformulado da nova senda na estrada OU-402 en Reza, en Ourense, que suporá un investimento de máis de 1,6m€

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Trátase dun itinerario peonil de 2,7 km pola marxe dereita da vía que conectará as edificacións e os treitos illados de beirarrúas e garantirá os desprazamentos a pé máis cómodos e seguros
  • A senda estenderase desde a intersección coa rúa Portalón ata o aparcadoiro do quilómetro 3+290 e complementarase pola marxe esquerda con actuacións puntais derivadas da nova posición dos pasos de peóns e das paradas de bus
  • Atendendo ás consideracións dos veciños, a senda oscilará entre os 1,8 e os 3 metros, en función das edificacións
  • A Xunta prevé convocar as expropiacións no segundo trimestre deste ano, co obxectivo de licitar as obras no segundo semestre
Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2024

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación do proxecto de trazado reformulado da nova senda na estrada OU-402 en Reza, no concello de Ourense, que suporá un investimento de máis de 1,6 M€.

O DOG publica o acordo do Consello da Xunta polo que se aprobaron o trámite de información pública e o proxecto definitivo de trazado para este itinerario. Esta información pode ampliarse a partir deste enlace ao DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240319/AnuncioG0181-130324-0001_gl.html

O obxectivo é habilitar unha senda peonil continua de case 2,7 km pola marxe dereita desta vía autonómica.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade realizará a convocatoria dos actos expropiatorios no segundo trimestre do ano, co fin de licitar as obras no segundo semestre. A actuación ten un prazo de execución de 12 meses.

A aprobación definitiva deste proxecto inclúe a declaración de utilidade pública, pola que se dispón a urxente ocupación dos terreos necesarios para executar esta intervención. Do total de 37 predios necesarios para executar as obras, 6 son de titularidade pública e 16 parcelas estarán afectadas por ocupación temporal.

Habilitarase un itinerario entre os puntos quilométricos 1+060 e 3+290, que permita conectar os treitos illados de beirarrúas existentes e as edificacións dispersas, para que os veciños poidan realizar os desprazamentos a pé de xeito máis cómodo e seguro.

A senda estenderase desde a intersección coa rúa Portalón ata o aparcadoiro situado no quilómetro 3+290 da estrada. Pola marxe esquerda realizaranse, ademais, pequenas actuacións puntuais relacionadas coa nova posición dos pasos de peóns ou das paradas de autobús acordadas. 

O itinerario peonil defínese adaptándose ao trazado da estrada, tanto en planta como no alzado, mantendo unha beiravía de 0,50 metros. Executarase en formigón desactivado e con bordo elevado sobre a vía.

Atendendo ás consideracións dos veciños e para minimizar afeccións aos peches, a senda oscilará entre os 1,8 e os 3 metros de ancho, en función das edificacións lindeiras. Tamén nun pequeno treito (entre o punto quilométrico 2+050 e o 2+200) modificarase lixeiramente o trazado da estrada, movendo 1 metro o eixe para evitar afectar aos peches. 

A actuación farase de xeito coordinado coa dotación de bandas de aparcadoiro en liña na marxe dereita que eviten que os vehículos paren invadindo o recorrido peonil.

Respondendo tamén ás demandas veciñais, reubicaranse varias paradas de autobús tamén na marxe contraria á senda, para que a subida e a baixada de viaxeiros se faga sen interrupcións. Ademais, disporanse 6 novas marquesiñas. 

Tras a análise das achegas recibidas no proceso de información pública, reducirase a afección a varias fincas mediante a substitución dun terraplén por un muro  entre os puntos quilométricos 1+075 e 1+150, e axustarase o ancho da senda entre os quilómetros 1+380 e 1+445.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 19/03/2024
23127 {"title":"A Xunta publica no DOG a aprobación do proxecto reformulado da nova senda na estrada OU-402 en Reza, en Ourense, que suporá un investimento de máis de 1,6m€","published_date":"2024-03-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets_v2\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23127"} galicia C. de Infraestruturas e Mobilidade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un grupo de trabajo. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propio grupo de trabajo. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-19/23127-xunta-publica-dog-aprobacion-do-proxecto-reformulado-da-nova-senda-na-estrada-ou-402-reza-ourense-supora-investimento-mais-1-6m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.