A Xunta estará presente na feira Alimentaria de Barcelona con case medio cento de empresas para representar os produtos alimentarios galegos de calidade diferenciada

  • Este evento celébrase no recinto Fira de Barcelona do 18 ao 21 de marzo en horario de 10,00 a 19,00 horas
  • A Axencia Galega da Calidade Alimentaria contará con tres superficies diferentes, nos que haberá produtos amparados co selo de denominación de orixe protexida, indicación xeográfica protexida, artesanía alimentaría e agricultura ecolóxica
  • A Consellería do Mar contará tamén cun espazo de cociña e reunións e cunha triple área expositiva que acollerá a 25 coexpositores de empresas da conserva e a transformación de produtos elaborados con peixes e mariscos
  • O Goberno autonómico organizará unha serie de actividades para dar a coñecer estes produtos, como catas-degustacións ou unha masterclass, a cargo de chefs profesionais

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2024

As consellerías do Medio Rural e do Mar participarán na feira Alimentaria de Barcelona, que se celebrará no recinto Fira Barcelona do 18 ao 21 de marzo en horario de 10,00 a 19,00 horas, coa presenza de medio cento de empresas coexpositoras do sector alimentario. Tamén organizarán actividades de promoción de produtos galegos con calidade diferenciada. 

Medio Rural contará a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria con tres superficies diferentes en dous pavillóns, dando cobertura a 20 empresas do sector agroalimentario galego. Neste sentido, haberá produtos con denominación de orixe, indicación xeográfica protexida, agricultura ecolóxica e Artesanía Alimentaria,  que compartirán cos asistentes producións variadas como carnes, queixos, mel, xeados ou repostería. Alimentaria contará tamén cunha Aula de Experiencias de Calidade, na que se desenvolverán varias actividades destinadas a promocionar estes produtos a cargo de chefs profesionais.

A Consellería do Mar, pola súa banda, tamén participa co seu propio espazo, que ocupa preto de 500 m2 de zona expositiva repartidos en tres áreas para as empresas coexpositoras e unha zona para cociña, descanso e centro de negocios. Participan un total de 25 empresas da conserva e da transformación de peixes e mariscos, xunto a asociacións entre as que se atopan Anfaco Cecopesca ou Mexillón de Galicia. 

Programación

O luns 18 arrancará con catas degustacións das IXP Vaca e Boi Galego, Pataca de Galicia, Tarta de Santiago, Grelos de Galicia, Lacón Galego; das DO Monterrei e Ribeiro e dos catro queixos amparados por DOP (Arzúa-Ulloa, Queixo Tetilla, Cebreiro e San Simón da Costa). Esta primeira xornada rematará cunha degustación da IXP Ternera Gallega Suprema para profesionais do sector cárnico.  

O martes 19 comezará cunha cata dos queixos galegos acompañados coa IXP Pan Galego. De seguido, os asistentes de Alimentaria poderán gozar dunha masterclass con degustación de produtos cárnicos amparados con selos de calidade coa IXP Pan de Cea e e viño da DO Ribeira Sacra e DO Valdeorras. A IXP Mel de Galicia tamén estará presente nesta feira cunha cata.

Pola tarde terá lugar unha degustación de produtos do mar de Galicia que organizan Anfaco-Cecopesca xunto á Consellería do Mar e a que están invitados os representantes de todas as empresas galegas presentes na feira, cun aforo que en anteriores edicións roldaba as 150 persoas. 

A última xornada, a do mércores 20, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria organizou unha cata-degustación de produtos cárnicos e a IXP Pan de Cea xunto coa IXP Castaña de Galicia. Ademais, os asistentes poderán degustar a IXP Pataca de Galicia acompañada da DOP Mexillón de Galicia e viño da DO Rías Baixas. 

Alimentaria 2024

Alimentaria é unha das maiores feiras profesionais da industria de alimentos, bebidas e gastronomía a nivel internacional. Nesta feira participan máis de 3.000 empresas expositoras procedentes de 57 países e cerca de 100.000 visitantes, dos cales o 23% é internacional. A primeira edición foi no ano 1976 e celébrase cada dous anos dende entón. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23058 {"title":"A Xunta estará presente na feira Alimentaria de Barcelona con case medio cento de empresas para representar os produtos alimentarios galegos de calidade diferenciada","published_date":"2024-03-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23058"} galicia C. do Medio Rural; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-16/23058-xunta-estara-presente-na-feira-alimentaria-barcelona-case-medio-cento-empresas-representar-os-produtos-alimentarios-galegos-calidade-diferenciada https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.